Escoitar

O alcalde transmite o seu "apoio" aos traballadores de POVISA e pide á Xunta que dea "seguridade" aos empregos e á "asistencia sanitaria" da comarca

Abel Caballero reuníuse este venres co Comité de Empresa de POVISA para amosarlles o seu "apoio" polo ERE presentado pola dirección, que pon "en risco" aos 1.500 postos de traballo do centro, e demandou á Xunta de Galicia que xere "seguridade" nos empregos e na asistencia sanitaria da comarca viguesa. "Non asumimos que se xere incertidumbre sobre o futuro laboral de 1.500 persoas", concluiu o rexedor.

venres, 5 nov 2010
1288965175povisa.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou o "apoio total e absoluto aos 1.500 traballadores que necesita POVISA" para ofrecer á asistencia sanitaria actual, empregos que están "en risco" polo ERE presentado pola empresa ao non renovar o SERGAS o concerto que mantén co centro hospitalario.

Caballero explicou -tras conversa telefónica- que a dirección lle transmitiu que non foron convocados pola Xunta de Galicia para negociar a prolongación do acordo e, afirma, a primeira reunión terá lugar o próximo luns. O alcalde esixiu solventar "de inmediato" esta "situación complexa" que envolve a POVISA para garantir o mantemento do emprego e a asistencia sanitaria do territorio.

"Non asumimos que se xere incertidumbre sobre o futuro laboral de 1.500 persoas", afirmou o rexedor, tras o que avanzou que demandaría á Xunta de Galicia que transmitan "seguridade" sobre a "asistencia sanitaria" e os postos de traballo do centro. POVISA ten asignadas 143.000 cartillas sanitarias, das que aproximadamente a metade son de cidadáns de Vigo.

Rutas aéreas
Tras efectuar estas declacións sobre a sanidade, Abel Caballero reclamou públicamente os datos que manexaron a compañía aérea Vueling e a Xunta de Galicia que conclúen que a ruta entre Vigo e Bruxelas non é rendible para a empresa que preside Josep Piqué.

"Quero coñecer os datos de Vueling", afirmou o primeiro edil, polo que invitou ao máximo mandatario da entidade a visitar a cidade olívica para estudar as contas desta conexión e reclamou ao executivo de Núñez Feijóo os números que lle presentou Vueling sobre Peinador.
Descargar todas as imaxes