Escoitar

Caballero subliña que o novo hotel xunto ao Auditorio de Beiramar supón "un paso clave no turismo de congresos" de Vigo

O alcalde visitou hoxe luns o novo hotel de catro estrelas habilitado xunto ao Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, xa rematado a falta da decoración interior. A apertura ao público desta nova dotación -que suma 125 habitacións e empregará a 60 persoas- estímase para febreiro. Abel Caballero afirmou que Vigo ten "vocación de cidade turística e de servizos" e o novo hotel "xera sinerxias" e permitirá avanzar no "turismo de congresos" da cidade.

luns, 8 nov 2010
1289224348hotel.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns o recén finalizado hotel de catro estrelas localizado xunto ao Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, unha nova dotación para a cidade que representa "un paso clave no turismo de congresos" da cidade.

O hotel finalizou a súa construción e mañá martes será entregado pola constructora á empresa Carrís Hoteles, que o decorará e xestionará desde a súa apertura, prevista para o mes de febreiro. O edificio contará con 125 habitacións das que entre un 80 e 90% terán vistas á Ría de Vigo e dará emprego directo a unhas 25 persoas e indirecto a outras 35, segundo as estimacións da propia compañía.

O alcalde eloxiou esta "maravilla arquitectónica" e subliñou que Vigo ten "vocacion de cidade turística e de servizos"; este hotel ven sumar "sinerxias" e potenciar os aloxamentos de toda a urbe. Caballero avanzou que conta xa cunha "gran demanda" e o máximo responsable de Carrís Hoteles, Juan Viñas, confirmou que teñen xa reservas que completan toda a capacidade hoteleira, coincidindo cos congresos pechados para o Auditorio de Beiramar.
Descargar todas as imaxes