Escoitar

O alcalde renova o convenio coa Asociación Monte da Mina de Castrelos para manter o viveiro de empresas

O Concello de Vigo e a AVCD Monte da Mina de Castrelos rubricaron este mércores o convenio de colaboración entre as entidades para a cesión de espazos da Asociación para viveiros de empresas, que selecciona o Concello, un acordo polo que o goberno local concede unha subvención directa de 9.000 euros e constitúen ambas partes unha comisión de seguemento do texto.

mércores, 10 nov 2010
1289395734convenio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "Monte da Mina" de Castrelos rubricaron este mércores o convenio de colaboración que permitirá dar continuidade ao viveiro de empresas que opera nos locais desta entidade.

Segundo estipula o texto, o Concello de Vigo, a través da Concellería de Participación Cidadá que dirixe o socialista Santos Héctor, concede unha subvención con carácter directo á Asociación por valor de 9.000 euros para as súas actividades e para a xestión do viveiro de empresas.

O convenio afirma que a entidade porá a disposición da administración local unha sala de lecturas de máis de 100 metros cadradas e outra de xuntas para uso común no primeiro andar da sede veciñal. O Concello de Vigo establece os criterios de selección das empresas que operarán de maneira exclusiva en réxime de cesión nos oito locais do primeir soto.
Descargar todas as imaxes