Escoitar

Xesus López presenta a programación "ampla, variada e para todos os públicos" do Auditorio Municipal ata fin de ano

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este xoves a continuación do programa estable de artes escénicas do Auditorio Municipal ata fin de ano. Segundo destacou o concelleiro nacionalista trátase dunha programación "ampla, variada e para todos os públicos" que ademais "pon en valor un espazo como é o renovado Auditorio Municipal" e inclúe representacións teatrais para público adulto e infantil e actuacións musicais. A programación completa pódese consultar na web www.vigo.cultura.org.

xoves, 11 nov 2010
1289483498Auditorio.JPG
Xesus López explicou que as entradas para os espectáculos poden mercarse na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo das actuacións, agás as correspondentes ao Festival Sinsal que se adquiren a través da web www.servinova.com. Destacou, ademais, que para asistir ás obras incluídas no programa "Con T de Teatro" poden adquirirse abonos mensuais para todas as funcións cun desconto do 25% sobre o prezo total.

Respecto ao programa para o público infantil de "Con T de Teatro", que se desenvolve os domingos ás 18 horas, o concelleiro de Cultura indicou que o vindeiro 14 de novembro terá lugar o espectáculo de maxia "Máxico CIRCUS Cabaret: o Cabaret dos Números Descartados". A seguinte actuación será o 21 de novembro, coa obra "Unha casa", a cargo da compañía Higiénico Papel Teatro. O seguinte domingo, 28 de novembro, a compañía Telón de Azúcar representará a obra de monicreques "Las inquietudes de Mikelo".

Xa en decembro, o día 5 Talía Teatro representará a comedia "Valentino Rufino e Akil paillabán de viaxe a Milán", o día 12 terá lugar un espectáculo "As aventuras de Paquito Llons", a cargo de Javier Muro Eventos Mágicos Teatro; o día 19 de decembro a compañía O Retrete de Dorian Gray Pechará a programación infantil coa obra "Rúa Aire".

O programa "Con T de Teatro" para público adulto continúa os venres ás 21 horas. Deste xeito o 19 de novembro terá lugar o monólogo de Pepe Suevos "Humor salvaxe" e o día 26 de novembro a compañía interpretará a comedia "Star Trip". En decembro, o día 3 a compañía Talía Teatro levará á escena a obra "Volpone"; o día 10, Elefante Elegante Teatro interpretará "O forno"; e finalmente o venres, 17 de decembro, o Teatro do Atlántico porá o punto final ao programa para adultos coa obra "Afterplay".

Xesus López menciounu tamén algunhas das actuacións musicais que terán lugar no Auditorio Municipal ata fin de ano. Entre elas destacou o concerto que se celebrará o vindeiro 23 de novembro ás 20.30 horas, a cargo de Alasdair Fraser no violín e Natalie Haas no violonchelo, que terá un prezo de 5 euros. O 27 de novembro Renato Spencer presentará o seu primeiro disco "Peneirando". En decembro, o día 18 ás 21 horas, este espazo acollerá o concerto do Festival Sinsal a cargo de Daniel Carter, William Parker e Federico Ughi.

En resposta aos medios, o concelleiro de Cultura dixo que a valoración da primeira parte do programa que acolleu o Auditorio Municipal dende a súa reapertura é un "éxito" que incrementa a afluencia de público "función tras función".


Sábado, 13 de novembro, 20:30 horas:
CONCERTO: Filhartrompía Quartet
Esta formación naceu no seo da Real Filharmonia de Galicia co obxectivo de amosar ao público o repertorio de cámara oara cuarteto de trompas. Ofreceu o seu primeiro concertos en xullo de 2007 e na actualidade está integrado por Jordi Ortega, Xavier Ramón, Alfredo Varela e Martín Naveira.
PREZO: 5 euros.


. Pódese consultar toda a información no 010 e en www.vigocultura.org.
Descargar todas as imaxes