O tenente de alcalde reafirma o apoio ao Museo Liste para potenciar a recuperación do patrimonio etnográfico de Vigo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, expresou este venres o seu compromiso co Museo Liste no seu traballo de recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico de Vigo. O nacionalista asegurouno tras a sinatura do convenio co director da Fundación, Olimpio Liste, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, que ascende a 96.000 euros.
"No compromiso que temos coa recuperación e mantemento dos vestixios do pasado, unha parte fundamental ten que ver coa recuperación do patrimonio etnográfico", afirmou Santi Domínguez. Neste sentido salientou o traballo que está a desenvolver a Fundación Liste e recoñeceu que é "unha obriga" manter a colaboración. Segundo o tenente de alcalde, o seu traballo "é impagable", e sinalou que a aportación municipal é "unha axuda" para levalo a cabo.
O nacionalista explicou que un dos obxectivos da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Patrimonio Histórico é "incorporar o Museo Liste á rede museística para vertebrar toda a oferta da cidade, que é moita e de calidade". Santi Domínguez avanzou que para potenciar a actividade etnográfica estableceranse programas conxuntos co futuro Museo da Cidade, "unha vez que teñamos incorporados a Pinacoteca e o Centro Galego de Fotografía", indicou.
O tenente de alcalde agradeceu a presenza de Olimpio Liste, porque ao seu xuízo "homes como el axúdannos a lembrar o que fomos e asentar as bases do noso futuro", manifestou. Reiterou que o vindeiro ano manterase a cantidade asinada hoxe no convenio para "seguir incentivando a promoción deste museo".
O concelleiro de Patrimonio Histórico concordou co manifestado por Santi Domínguez ao defender que a etnografía é un "sector moi importante para a cidade". Anunciou que no vindeiro mes darase a coñecer o traballo realizado na Fundación Liste ao longo deste ano. Destacou nomeadamente o esforzo para achegar a Fundación ás distintas parroquias da cidade, que segundo afirmou será unha das liñas de traballo nas que se afondará o vindeiro ano. "Solicitamos o aplauso sinceiro a todas as asociacións culturais que colaboran coa Fundación Liste", dixo Eudosio Álvarez.
Tras expresar o seu agradecemento polas palabras do tenente de alcalde e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Olimpio Liste salientou o traballo que realiza o equipo do museo e asegurou que "son cousas que non se poden facer individualmente". Subliñou a importancia do patrimonio histórico de Vigo e a aposta por dalo a coñecer e comentou que para acadar este obxectivo "os cartiños son importantes". Por outra banda, fixo un chamamento a cidadanía a visitar o museo, que segundo dixo "ten as portas abertas". A esta invitación sumouse o tenente de alcalde, para quen acudir ao Museo Liste "serviría para descubrir cousas moi interesantes".
Preguntado polas declaracións do PP nas que aseguraban que o Concello reduciría a achega ao museo de 96.000 a 6.000 euros, o tenente de alcalde manifestou que o PP "non sabe ou non quere saber o que é un orzamento". Reiterou que non se vai reducir "nin un euro" a achega á Fundación Liste o ano que vén e que se manterá en 96.000 euros "sen ningunha dúbida".
Descargar todas as imaxes