Escoitar
Mobilidade, Seguridade e Transportes

Corte de diversas rúas ao tráfico

<br />

venres, 12 nov 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a realizar pola empresa Eiriña, estará pechado ao tráfico o cruzamento da rúa Dr. Cadaval con López de Neira, con acceso exclusivo para taxis e garaxes, dende o luns 15 de novembro de 2010 ás 10.00 horas e por un período aproximado de dous días.
Mentres dure a obra non se permitirá o aparcamento na rúa López de Neira (treito entre Dr Cadaval e Progreso) que terá dobre sentido para acceso aos garaxes e Carga Descarga.
O acceso dos taxis e aos garaxes de López de Neira e Dr Cadaval será polas rúas Dr Cadaval e Lugo e a saída será pola rúa Dr Cadaval e Porta do Sol.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de canalización de saneamento, a realizar pola empresa Aqualia, estará pechada ao tráfico a rúa Quirós (Sardoma), con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 15 de novembro de 2010 ás 10.00 horas e por un período aproximado de dúas semanas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a
realizar pola empresa Movexvial, estará pechada ao tráfico a rúa Sabaxáns con Manuel Alvarez, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 15 de novembro de 2010 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa Oresa, estará pechada ao tráfico a rúa Pi Margall, treito entre Llorente e López Mora, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 15 de novembro de 2010 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Os autobuses cara a Praza América deberán ir polas rúas Falperra, Cachamuíña, Blein Budiño e
Camelias.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.