Escoitar

Música e maxia danse cita este fin de semana no Auditorio Municipal con Filhartrompía Quartet e Cayetano Lledó

O Auditorio Municipal acolle este fin de semana dúas novas actuacións dentro da programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura. Trátase do concerto que a Filhartrompía Quartet ofrecerá mañá sábado ás 20.30 horas e o espectáculo de ilusionismo da compañía Cayetano Lledó que terá lugar o domingo. As entradas pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo das actuacións.

venres, 12 nov 2010
A Filhartrompía Quartet naceu no seo da Real Filharmonía de Galicia co obxectivo de amosarlle ao público o repertorio de cámara para cuarteto de trompas, así como inspirar a novos compositores sobre os recursos que ofrece este tipo de formación. Ofreceu o seu primeiro concerto en xullo de 2007 e na actualidade está integrado por Jordi Ortega, Xavier Ramón, Alfredo Varela e Martín Naveira. O programa que interpretará mañá inclúe obras de Haendel, Bach, Telemann, Rossini, Rimsky-Korsakov, Weber e Pachelbel.Ofreceu o seu primeiro concertos en xullo de 2007 e na actualidade está integrado por Jordi Ortega, Xavier Ramón, Alfredo Varela e Martín Naveira. O prezo das entradas para asistir ao concerto é de 5 euros.

A compañía Cayetano Lledó ofrecerá o domingo 14 de novembro, ás 18 horas, o espectáculo de maxia "Máxico CIRCUS Cabaret: o Cabaret dos Números Descartados". É un espectáculo de ilusionismo para todos os públicos que combina comedia, malabarismo, clown, humor e mentalismo. O prezo das entradas para asistir a esta actuación é de 3 euros para os menores de 12 anos e 5 euros para os maiores.