Escoitar

Convocatoria para a participación de compañías profesionais de teatro e danza de Vigo no circuito municipal de teatro por barrios "Vigo a escena 2011"

<br />

venres, 12 nov 2010
Poderán adscribirse e solicitar a súa integración ao circuíto municipal por barrios Vigo a Escena as compañías viguesas profesionais de teatro e danza, con domicilio no termo municipal de Vigo e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria. A convocatoria será para realizar actuacións de teatro e danza de compañías viguesas programadas polo departamento de Cultura. O número máximo de actuacións por compañía para o ano 2010 será de 6 actuacións.

As bases para participar na convocatoria se poderán recoller na oficina de Información do Concello de Vigo ou descargar nas páxinas www.vigo.org e www.vigocultura.org

As solicitudes se presentarán no Rexistro Xeral do Concello de Vigo e o prazo de presentación é de 15 días naturais a contar a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria na prensa local.

Máis información no teléfono de información cidadá 010 (986810260 se chaman desde móvil ou desde fora de Vigo)