Escoitar

O alcalde fai entrega da licenza de primeira ocupación aos propietarios das 145 vivendas da cooperativa de UGT

Abel Caballero fixo este venres entrega da licenza de primeira ocupación das 145 vivendas que conforman a cooperativa que promove o sindicato UGT en Vigo, un edificio que está situado en Navia. Os pisos, tras a autorización urbanística concedida, poderán ser ocupados en 10 ou 15 días, asegurou o alcalde.

venres, 12 nov 2010
1289569028ugt.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou este venres a licenza urbanística de primeira ocupación das vivendas protexidas da cooperativa que promove UGT en Navia.

O edificio suma un total de 145 vivendas, "listas para ser ocupadas", segundo explicou o alcalde, "en 10 ou 15 días" tras recibir os permisos municipais. Caballero indicou sentir unha "gran satisfacción" por poder facer entrega destas licenzas para 145 familias.

"É o que defendemos, vivendas de protección", asegurou o socialista, que recordou que o Plan Xeral inclúe un 43% de vivenda protexida. Os pisos da cooperativa tiveron un custe medio de 25 millóns de pesetas, cando o prezo sen protección ascendería aos 45 millóns.

Abel Caballero felicitou ao hoxe concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, que desde a secretaría xeral do sindicato en Vigo impulsou a posta en marcha desta cooperativa.
Descargar todas as imaxes