Xunta de Goberno Local
As ordenanzas fiscais para o 2010 reduciranse nun 0,2%
luns, 14 set 2009O Goberno Municipal propón actualizar as tarifas das ordenanzas fiscais para o próximo ano cunha reducción dos tipos impositivos nun 0,2% segundo aprobou hoxe luns a Xunta de Goberno Local. O alcalde, Abel Caballero, manifestou que é a primera vez na historia de Vigo que se reducen os tipos impositivos.
Abel Caballero anuncia que o persoal de limpeza viaria e de zonas verdes amplíase nun 20%
venres, 4 set 2009A Xunta de Goberno Local aprobou este venres ampliar os contratos de limpeza viaria e de zonas verdes da cidade para dar demanda a novos espazos da cidade que non estaban incluidos ata o de agora. Así, tanto os planteis de FCC como de Cespa experimentarán un incremento de persoal que ascende ao 20%.
O alcalde asegura que o Plan Municipal de Emprego dará traballo a un total de 140 persoas este ano
luns, 31 ago 2009A Xunta de Goberno Local aprobou este luns recibir a segunda anualidade de medio millón de euros procedente da Xunta de Galicia para o Plan Municipal de Emprego, e validou as bases para subvencionar con 30.000 euros a empregados propostos por empresas. En total, segundo indicou Abel Caballero, serán 140 persoas as que traballen este ano grazas ao Plan Municipal de Emprego.
O alcalde estima que "a finais de setembro" entrará en vigor a prohibición do botellón no Berbés
luns, 13 xul 2009A Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente hoxe luns a declaración de zona protexida do entorno do Berbés, que inicia así a súa tramitación administrativa para estar en vigor aproximadamente "a finais de setembro". O Berbés será a segunda zona libre do chamado botellón, despois da protección de Loriga que "está a funcionar francamente ben", salientou Abel Caballero.