Escoitar

O alcalde asegura que os máis de 6 millóns en melloras de todas as parroquias "non teñen precedente" na historia de Vigo

Abel Caballero informou este venres da adxudicación de 25 proxectos de melloras en todas as parroquias de Vigo, aprobadas nas últimas 48 horas polo Concello en sendas Xuntas de Goberno Local extraordinarias. Os prazos de execución das reformas oscilarán entre dous e catro meses. Ademais, o alcalde informou das adxudicacións da cuarta fase da humanización de Travesía de Vigo e das rúas Tarragona e Regueiro, por un valor total de 2,4 millóns de euros.

venres, 18 dec 2009
1261145379P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que os investimentos en actuacións de melloras en todas as parroquias de Vigo -por valor de máis de seis millóns de euros- "non teñen precendentes na historia desta cidade".

Así o indicou o rexedor en rolda de prensa, tras dúas sesións extraordinarias da Xunta de Goberno Local destinadas a "acelerar" os investimentos municipais na urbe e na que adxudicouse provisionalmente 25 proxectos, todos no rural vigués.

Segundo o detallou puntualmente o alcalde, as reformas aprobadas abarcan humanizacións e acondicionamentos nas seguintes rúas: Castaña (Alcabre-158.000 euros), en Maestro Alfredo González (Cabral-110.000 euros), en San Cristobo (Cabral-240.000 euros), na Subida á Madroa (Candeán-303.000 euros), na rúa Curros e en Baixada a Capitán (Lavadores-257.000 euros), en Cesáreo Vázquez (Oia-681.000 euros), en Camiño Sanín (Comesaña-275.000 euros), rúa Costa (Castrelos-164.000 euros), Casal de Arriba e de Abaixo (Sampaio-362.000 euros), Cañiza (Comesaña-176.000 euros), Estrada á Igrexa (Valladares-346.000 euros), Muíños (Comesaña-146.000 euros), a Estrada de Fragoselo (Coruxo-289.000 euros), Baixada á Igrexa e Camiño Freixeiro (136.000 euros), Manuel Cominges (Matamá-693.000 euros), Alameda San Pelaio e o entorno da Alameda Crespo (Navia-409.000 euros), Espedrigada (239.000 euros), Baixada a Laxe (Sárdoma-258.000 euros), rúa Xílgaro (Calvario-246.000 euros), Marcosende (Zamáns-82.000 euros), a praza do contorno da Igrexa (Zamáns-126.000 euros), Camiño da Cruz e rúa Carballal (Bembrive-290.000 euros) e o acondicionamento do entorno da igrexa de Santa Mariña (333.000 euros).

O alcalde tamén informou da adxudicacións aprobadas polo goberno da cuarta fase da humanización da rúa Travesía de Vigo, por valor de 1,5 millóns de euros, e das humanizaciósn de Tarragona e Regueiro, no entorno de POVISA, por 915.000 euros.

En total, as adxudicacións aprobadas polo goberno local nestas últimas 48 horas, a súa maior parte para melloras nas parroquias de Vigo, ascenden a 8,6 millóns de euros, segundo cifrou Abel Caballero, "máis que todo o feito no anterior mandato da cidade".
Descargar todas as imaxes