A carpa situada na Porta do Sol acollerá o domingo a actuación do gaiteiro escocés Patrick Molard
No marco da programación de Nadal organizada pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura, a carpa situada na Porta do Sol acollerá o vindeiro domingo 20 de decembro ás 20 horas, a actuación do prestixioso gaiteiro Patrick Molard. O recital incorporará música de gaita escocesa, irlandesa e bretona, así como de Galiza e o seu repertorio estará composto tanto por temas tradicionais como do propio autor.
Patrick Molard está considerado un dos grandes especialistas de gaita escocesa e é un dos responsabeis directos do rexurdimento da música bretona. Ten formado parte de numerosos grupos, como Satanazet, Ogham, Gwendal, Gwerz, Den e Dan Ar Bras, entre outros, co que creou un dúo de gaita e guitarra dun grao excepcional.
Durante tres anos consecutivos gañou o "Trofeo MacAllan" no Festival Intercéltico de Lorient (1980, 1981, 1982), e no ano 1984 gravou o seu primeiro disco de longa duración en solitario baixo o título de Ar Vaz Balan. Os anos seguintes son os da súa consagración definitiva. Continuando na súa liña ascendente e participando como solista nalgunha das formacións máis sobranceiras da Bretaña actual, como Pennou Skoulm, Alain Genty Group, Molard-Pellen Trio, ou Celtic Procession. Na actualidade, coa súa propia banda, Les Freres Molard – Bal Tribal sigue amosando a súa xenialidade, sensibilidade e virtuosismo, que son pezas claves dentro do éxito acadado internacionalmente.
Dende o ano 1993 forma parte do colectivo Mestres solistas europeos de gaita, cos que comparte escenario con outros grandes solistas como Petko Stefanov (Bulgaria), Micheal O'Brien e James O'Brien-Moran (Irlanda), Rory Campbell e Fred Morrison (Escocia), Hevia e J. M. Fernández "Guti" (Asturias), Xosé Manuel Budiño, Anxo Pintos e Carlos Lorenzo (Galiza).
No seu útimo traballo, "For the Bobs", no que Patrick Molard forma dúo co contrabaixista Alain Genty, explora novos espazos e está adicado aos seus mestres Bob Brown, Bob Nicol e Bob Hardie.
Descargar todas as imaxes