Escoitar

Santi Dominguez inaugura o restaurado anuncio do león no centro de Vigo

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, inauguraron hoxe venres a restauración do mosaico publicitario da segunda década do século pasado que se atopa ao comezo da rúa Policarpo Sanz e fronte a Porta do Sol, donde se levou a cabo unha ampla remodelación desta céntrica zona. A recuperación do vello mural de cartelismo cerámico, coñecido como o anuncio do león, tivo una inversión de 12.000 euros e forma parte da líña da Concellería de Patrimonio Histórico, que no caso de hoxe centrouse nunha estructura relacionada co patrimonio da era industrial da cidade de Vigo.

venres, 18 dec 2009
1261140613santimarialeon.jpg
Santi Domínguez fixo referencia ao traballo de restauración do mosaico pois se atopaba nun lamentable estado de conservación agudizado pola contaminación, ós cambios climáticos extremos, a mala suxección da estructura en que se apoia, aos engadidos inadecuadosós azulexos e tamén ós actos vandálicos que desdibuxaron da paisaxe urbana unha obra que data de 1926, cando o entón alcade vigues Jenaro de la Fuente deu autorización a empresa Domecq para que instalase a súa peza publicitaria sobre viños e coñács. A bodega xerezana utilizou cerámica da fábrica La Valenciana Industrial que a finais da década de 1920 aportaba materiais e diseños artesanos non só a arquitectura senón tamén a azulexería publicitaria, da que é un bó exemplo "o anuncio do león".

O tenente de alcalde resaltou que a recuperación foi concenzuda ata o punto de ir reparando un a un as diferentes partes do mosaico de 4,12 X1,12 metros. Despois de eliminar elementos estranos, colocación dos pedazos que faltaban e recuperación das cores orixinais, donde destaca o azul sobre o que se asentan o o branco das letras e o amarelo da figura do león que da nome o singular anuncio. O mural está protexido por unha mampara acristalada que, debidamente adaptada, permite a entrada de osíxeno e evita a negativa influenza da climatoloxía adversa. O mosaico recuperou todo o seu valor estético e patrimonial, "ademáis de engadir encanto a Porta do Sol", según Domínguez.

Patrimonio Histórico do Concello de Vigo está implicado en importantes proxectos relacionados con pasado da cidade como a apertura da vila romana da illa de Torralla e a Musealización do poboado do Castro, mais o programa de dito departamento municipal no se xunge ao pasado milenario, senón que se achega a tempos modernos, salientou Domíguez ó falar do mosaico próximo a Porta do Sol. Neste senso os plans de recuperación se levarán asemesmo a zonas do Casco Vello e O Castro, ademáis de poñelos en marcha tamén no entorno rural da cidade en próximas datas.

Santi Domínguez insistiu en que unha cidade como Vigo é máis moderna canto máis recupera o seu patrimonio do pasado para o disfrute dos habitantes e de quenes visitan a urbe. Por último, recordou ó concelleiro de Patromonio Histórico, Eudosio Álvarez, ausente no acto por problemas de saúde, e a ex concelleira Elena Maure, persona que se implicou anos atrás na recuperación do mosaico onte presentado xa no seu estado orixinal.
1261140613santimarialeon.jpg
1261140624mosaicoleon.jpg
Descargar todas as imaxes