Escoitar

Comezan os obradoiros de Nadal no Museo do Mar de Galicia

Baixo o título Diversión, creación e ciencia, o Museo do Mar volve a abrir as súas portas a todos os nenos e nenas de Galicia cos obradoiros de Nadal, centrados, nesta ocasión, na figura de Darwin. Dende o sábado 19 de decembro, comezarán as distintas actividades dirixidas a rapaces de entre 5 e 14 anos.

venres, 18 dec 2009
Tralo éxito da mostra Navegando no Beagle - Darwin, que agora se expón no Museo e que obrigou a crear un doble turno de visitas para escolares, os nenos terán a oportunidade de interactuar cos elementos da exposición, aprendendo bioloxía, historia natural e xeografía. Ademáis, coñecerán todo o que envolve o mundo do Beagle e de Charles Darwin, dende a época na que viviu e as súas costumes, ata os animales que estudiou e a súa clasificación das especies. Deteranse, tamén, no desenvolvemento da súa viaxe e na teoría da evolución por selección natural. Por outra banda, aprenderán distintas nocións sobre predicción meteorolóxica e cartografía e, os máis pequenos, adentraranse no universo darwiniano a través da confección de personaxes cos que farán representacións.

Os obradoiros, que son gratuitos, terán continuidade máis alá do Nadal durante as fins de semana ata que remate a mostra. A inscrición debe realizarse previamente a través do teléfono 986 247 750, de martes a domingo, en horario de 10.00 h. a 14.00 h., ou acudindo directamente ó Museo, ata cubrir prazas.