Publicación das listaxes de persoas admitidas e excluídas para Peóns e Oficiais Técnicos do Programa UTIL
Comunícase que o sábado 19 de decembro publicaranse as listaxes de admitidos/as e excluídos a candidatos/as a Peóns e Oficiais técnicos e abrirase un prazo de alegacións e subsanación de erros dende o domingo 20 de decembro ata o xoves 24 de decembro de 2009.
As listaxes exporanse na páxina web do Concello (www.vigo.org) e no Taboleiro de anuncios do Concello, Praza do Rei, nº 1 e do Parque Central de Servizos na rúa A Bagunda nº 1.
Toda a nova documentación terá que ser presentada no Rexistro Xeral do Concello, Praza do Rei, nº 1.
Nos casos de que se deba asinar exclusivamente documentación xa presentada, as persoas candidatas deberán pasar polas oficinas do UTIL no Parque Central de Servizos do Concello de Vigo.
As persoas que teñan que presentar de novo autorizacións ou fichas de inscrición poderán acceder ás mesmas na páxina web do Concello onde estarán colgadas en formato pdf, para ser imprimidas, cumprimentadas e entregadas no Rexistro Xeral.
As persoas sen acceso a internet deben recoller os modelos de autorizacións ou fichas de solicitude no Rexistro Xeral do Concello ou nas oficinas do Programa UTIL.
Máis información no teléfono 010.