Escoitar

Xunta de Goberno Local

Orde do día:

venres, 20 nov 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 23 DE NOVEMBRO DE 2009.


1.- Actas da sesión extraordinaria e urxente do 28 de outubro, extraordinaria e extraordinaria e urxente do 4 de novembro de 2009.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Centro de Día para persoas maiores: alta expte. 2267/11. Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 01/2838, 1/2545, 2296/03, 1899/03, 1708/02, 1270/03.

3.- Proposta de concesión de subvencións a iniciativas de sensibilización e educación para o desenvolvemento promovidas por ONGDS (2009). Expte. 48115/301.

CONTRATACIÓN
4.- Expediente de contratación da subministración dun sistema de control de presencia para instalar nas dependencias do Concello de Vigo. Expte. 3914/113.

5.- Adxudicación definitiva da subministración de dúas autobombas para o Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 1063/213.

6- Adxudicación provisional das obras de substitución de cuberta da nave do Parque Central de Bombeiros. Expte. 1157/213.

7.- Adxudicación provisional do contrato para o mantemento e reparación das instalacións de contenerización soterrada do Concello de Vigo. Expte. 2376/232.

8.- Devolución de garantia:
a) Xegalia Galega de Xestión S.L. Expte. 2984/241.
b) Eulen S.A. Expte. 11080/332.
c) Atlas Servicios Empresariales S.A. Expte. 3016/241.
d) IMESAPI S.A. Expte. 2980, 2981 e 2982/241.
e) ORECO S.A. Expte. 2950/241.

CULTURA
9.- Proposta de autorización da venda de 500 axendas con elementos fotográficos dos fondos do Arquivo Pacheco. Expte. 212/338.

10.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor realizados polo departamento de Cultura no mes de outubro de 2009. Expte. 11864/331.

11.- Solicitude de subvención e axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercizo 2009, ao abeiro do convenio entre OIDAE e o INEGA. Expte. 1115/340.

EMPREGO
12.- Modificación do pagamento das bolsas-axudas para os/as participantes do Proxecto Imos Traballas para o mes de decembro. Expte. 5919/77.

MEDIO AMBIENTE
13.- Plan de acción do ruído no Concello de Vigo. Expte. 6794/306.

MONTES, PARQUES E XARDÍNS
14.- Indemnización substitutiva por importe de 23.762,41 € a favor da empresa SIMCO S.L. polo mantemento dos Parques Forestais no mes de outubro de 2009. Expte. 4870/446.

15.- Plan de seguridade e saúde no Traballo para as obras de recuperación de pista deportiva en rúa Verderol. Expte. 4883/446.

16.- Plan de seguridade e saúde no traballo para as obras de reforma de parque en Praza Maruja Mallo. Expte. 4884/446.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
17.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Normalización Lingüística durante o mes de outubro de 2009. expte. 938/334.

18.- Proposta de aceptación do rexeitamento expreso da Asociación provincial de empresarias de Pontevedra a subvención concedida en X.Goberno de 14.09.09. Expte. 924/334.

OMIC
19.- Asistencia da funcionaria Marta Molíns Otero ao curso de "Linguaxe Administrativa Galega" na Escola Galega de Administracións Públicas. Expte. 301/302.

RECURSOS HUMANOS
20.- Complemento de produtividade do persoal de Desinfección por toxicidade correspondente ao mes de outubro do 2009. Expte. 19439/320.

21.- Complemento de produtividade do persoal de Cemiterios por xornada partida correspondente ao mes de outubro do 2009. Expte. 19437/220.

22.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Parque Móbil correspondente ao mes de outubro do 2009. Expte. 19434/220.

23.- Complemento de produtividade por conducir vehículo lixeiro municipal correspondente ao 3º trimestre 2009 dos servizos de Limpeza, Parque Central e Educación. Expte. 19443/220.

24.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios, correspondente ao mes de outubro do 2009. Expte. 19435/220.

25.- Reclamación presentada por Dª Aurea Soto Lago sobre retribucións complementarias asignadas ao posto de traballo. Expte. 19259/220.

26.- Dispoñibilidade Policía Local correspondente ao mes de outubro do 2009. Expte. 34103/212.

27.- Solicitude xubilación anticipada de D. Cesáreo Rocha Paramés e abono indemnización correspondente. Expte. 19422/220.

28. -Execución sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 1, de Vigo, sobre abono indemnización a Dª Isabel Cabeza Pereiro. Expte. 19444/220.

29.- Nomeamento interino de seis subalternos, por acumulación de tarefas, polo período de seis meses. Expte. 19433/220.

SERVIZOS XERAIS
30.- Solicitude de subvención ao Instituto Enerxético de Galicia para a mellora de iluminación das parroquias de Valadares, Beade, Cabral e Bouzas do Concello de Vigo. Expte. 13209/444.

31.- Devolución de aval bancario por importe de 4.500 € a favor de Obrascon Huarte S.A.

TENENCIA DE ALCALDÍA
32.- Recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 42.974,50 € a favor da entidade Muebles Torrado S.L. en concepto de gasto de adquisición de mobiliario de Tenencia de Alcaldía. Expte. 682/107

TURISMO E COMERCIO
33.- Resolución do programa de "subvención para dinamizar o consumo no pequeno e mediano comercio de Vigo a través de axuda ás familias con necesidades económicas". Expte. 1205/551.

URBANISMO
34.- Proposta de aprobación de adopción de medidas de transposición da Directiva 2006/123/CE e de aprobación do proxecto de ordenanza específica de adaptación básica da tramitación de licenzas urbanísticas e medioambientais (expte 995/400).

35.- Aprobación do proxecto de modificación dos estatutos da Xerencia municipal de urbanismo (expte 991/400).

36.- Adhesión ó modelo xeral de estatutos e bases de actuación. Aprobación da constitución da Xunta de Compensación "APR A-3-08 A Artística". Expte. 4901/401.

37.- Solicitude da Área portuaria de Vigo relativa á "3ª Modificación puntual do Plan Especial de Ordenación do Porto de Vigo" ("Astilleros y Construcciones A Lagoa S.A.") Expte. 12141/411.

38.- Toma de coñecemento da modificación do domicilio social da entidade urbanística de conservación "UA-2 Carrasqueira". Expte. 4920/401.

XUVENTUDE
39.- Indemnización substitutiva por importe de 9.424,53 € a favor de MBKARMA S.L. en concepto liquidación de gastos derivados da celebración das xornadas "moceando". Expte. 2550/336.

40.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 23 de novembro de 2009, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 19 de novembro de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.