Escoitar

A concelleira de Igualdade clausura o programa Simma, no que participaron 15 mulleres vítimas de maltrato

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausurou este venres o programa Simma, un proxecto que ten por obxectivo abordar e tratar de xeito integral o síndrome da muller maltratada e a prevención da violencia de xénero. Os obradoiros buscan ofrecer ferramentas as mulleres maltratadas mediante o fomento da súa autonomía, a formación en aspectos relacionados coa súa saúde e o reforzo das habilidades e competencias sociais para facilitar un espazo de encontro e autoaxuda que facilite o desenvolvemento dos seus proxectos vitais.

venres, 20 nov 2009
1258725959iolanda.jpg
As 15 mulleres participantes no programa Simma foron selecionadas pola Concellería de Igualdade tendo en conta a súa condición de vítimas da violencia de xénero, mulleres derivadas dos servizos de atención e acollida a mulleres maltratadas, ou das asociacións que integran o Plan Local de Drogodependencias e outras entidades de iniciativa social.

Os 15 obradoiros realizados, que comezaron o 11 de novembro con carácter gratuito, foron impartidos por expertas en cada unha das materias abordadas, dende as técnicas de autoestima, a planificación familiar, a educación infantil ou a xestión do estrés e as competencias para o emprego, entre outros temas.

O desenvolvemento baseouse nas premisas de que non todas as mulleres maltratadas son conscientes da súa situación, na necesidade de proporcionarlles toda a información relevante para apoiar a ruptura co seu agresor e na pertinencia de ofrecerlles unha intervención integral para superar as consecuencias físicas e psíquicas do maltrato, que persisten aínda despois de rematar os malos tratos.
Descargar todas as imaxes