Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 17 nov 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE NOVEMBRO DE 2011.


1.- Actas das sesións extraordinaria e urxente do 9 de novembro, ordinaria do e extraordinaria e urxente do 11 de novembro e extraordinaria e urxente do 14 de novembro de 2011.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Execución de sentenza – aboamento de cantidade e concepto de indemnización en relación con E.D. do Polígono comprendido entre rúa López Mora e Cño. Seara (Unidade de Actuación Nebrija). Auto do X.Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo recaído no RCA nº 222/2004.
Expte. 1119/111.

BENESTAR SOCIAL
3.- Indemnización substitutiva por importe de 41.960,43 € a favor de "Fundación Aldaba" por prestación dos servizos de atención á infancia e á familia -Outubro 2011. Expte. 69328/301.


DEPORTES
4.- Proposta de autorización ao Comesaña Sporting Club para organizar o "XXXIII Memorial Belarmino Alonso" o vindeiro 27 de novembro. Expte. 10739/333.

5.- Proposta de autorización a Single Track Outdoor Sports para organizar a "VI Subida ao Castro" o vindeiro 11 de decembro. Expte. 10799/333.

EDUCACIÓN
6.- Indemnización substitutiva por importe de 5.455,20 € a favor de "FIZ ALVAREZ GONZALEZ" polas obras de mantemento preventivo nas cubertas de colexios públicos. Expte. 13156/332.

7.- Indemnización substitutiva por importe de 5.574,32 € a favor de Obramos S.L. por obras realizadas no CEIP Escultor Acuña. Expte. 13157/332.

8.- Dar conta da relación de expediente de gasto menor tramitados na Área de Educación durante o período de xuño a outubro de 2011. Expte. 13233/332.


EMPREGO
9.- Deixar sen efecto o acordo de afectación de determinados postos de traballo do Servizo de Emprego aos efectos exclusivos de percepción das súas retribucións. Expte. 8637/77.

10.- Proposta de transferencia da xestión de embarcacións e materiais da Escola Obradoiro Mar de Vigo ao Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento. Expte. 8593/77.

FOMENTO
11.- Solicitude de subvención para a elaboración dun estudio de viabilidade de plan de usos de vehículos eléctricos para servizos municipais. Expte. 1146/440.

MEDIO AMBIENTE
12.- Indemnización substitutiva por importe de 16.000 € a favor da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Vigo pola prestación do Servizo de recollida e atención do Refuxio de Animais (setembro-outubro 2011). Expte. 8020/306.

MUSEO DE CASTRELOS
13.- Dar conta dos depósitos arqueolóxicos que se realizaron no depósito municipal dende decembro de 2010 ao 2 de novembro de 2011. Expte. 4435/337.

PATRIMONIO HISTÓRICO
14.- Indemnización substitutiva a favor de SEREGA MARKETING S.L. por importe de 59.999,46 € en concepto de subministración de 70 audioguías para o Proxecto expositivo da nova Pinacoteca. Expte. 6233/307.

POLICÍA LOCAL
15.- Proposta para declarar prescritos os feitos obxecto do expediente disciplinario 34505/212.

16.- Proposta de imposición de sancións disciplinarias a funcionarios da Policía Local. Expte. 34637/212.

TURISMO
17.- Adxudicación de dez bolsas de formación para a realización de prácticas en Oficinas de Información e Servizos Turísticos no período 16 de novembro de 2011 ao 15 de novembro de 2012. Expte. 4079/104.


URBANISMO
18.- Expediente de expropiación "AA-2 PEPRI Bouzas- Casa do Patín". Aprobación definitiva. Expte. 227/413.


XUVENTUDE
19.- Concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís. Expte. 3068/336.

20.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de novembro de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 16 de novembro de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.