Escoitar

O Concello tramita a rehabilitación do edificio Bandeira para centro comercial

O alcalde, Abel Caballero, recibiu este xoves á propiedade da estrutura e adiantou que na próxima primavera poderían comezar algún aspecto da obra, como a desmontaxe da fachada actual, pedra por pedra. Os promotores rehabilitarán o edificio para convertilo nun centro comercial de catro alturas e accesos por Aragón e Jenaro de la Fuente. Caballero asegura que "significará unha reactivación" do comercio e da zona.

xoves, 17 nov 2011
1321547261bandeira.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou que o grupo Odeón -propietarios do Bandeira- presentaron no rexistro municipal a solicitude de licenza para recuparar "íntegramente" o edificio e convertilo nun centro comercial.

En rolda de prensa, Caballero apuntou que o proxecto da propiedade inclúe un tótem de cristal de 24 metros, a altura máxima dos catro andares dos que estará composto o edificio, ademais de dúas para garaxe, un semisótano e a planta baixa.

Explicou o alcalde que o grupo Odeón xa entrou en contacto coa asociación de comerciantes da zona para presentarlles a proposta e a súa integración no comercio do barrio. Caballero comprometeuse a acelerar a concesión da licenza municipal, tan pronto a Xunta de Galicia conceda o permiso de actividade comercial previo.

O rexedor municipal adiantou que algúns aspectos da obra poderán comezar próximamente, como a desmontaxe da fachada, xa numerada pedra por pedra, que Caballero datou para a primavera.
Descargar todas as imaxes