Escoitar

Auditorio Municipal "E. R. (Algún día traballaremos xuntas)", Teatro do Atlántico<br /> <br />

"E. R. (Algún día traballaremos xuntas)" sube ao escenario a catro actrices que tentarán dar consolo ao medo do paso do tempo e das ilusións.Será o venres 18 de novembro ás 21.00 horas no Auditorio Municipal dentro do programa "CON T DE TEATRO" da Concellería de Cultura e Festas.

xoves, 17 nov 2011
1321531207er.jpg
"E. R." é un pequeno acto de amor, un berro de medo, ou simplemente, unha historia sinxela mais con algunhas sorpresas que deberían atrapar ao espectador, sen deixarlle de fuxir, a medida que avanza a acción e os acontecementos se complican.

Imos deixar soltas a catro mulleres, actrices de profesión. Imos procurar que, polo medio delas, das súas grandezas, e das súas miserias, algo que vai máis aló do teatro lles afecte ao público, ou poña, quizais melancólico, mais con algunha que outra gargallada polo medio, e finalmente poida sentirse consolado, por que non? Consolado de que? E iso que máis ten?

Iso é "E.R.". No fondo pretende dar, primeiro ao autor e logo, aínda que de maneira principal a todos vostedes, un pouco de consolo diante do terror do paso do tempo, diante da corrupción das nosas lusións… E facelo a través dunha visión apaixonada, pero desencantada, da arte do Teatro.

Compañía: Teatro do Atlántico
Xénero: Teatro comedia
Idade recomendada: público adulto
Autor: Josep M. Benet i Jornet
Dirección: Xulio Lago
Adaptación: Xosé Manuel Pazos Varela
Escenografía: Rodrigo Roel
Deseño de son: Xulio Lago
Deseño de iluminación: Xulio Lago
Vestiario: Susa Porto
Elenco artístico: Manuela Varela, María Barcala, Luísa Merelas e Susana Dans
Idioma: galego
Duración: 90 minutos
Prezo: 7 euros
Descargar todas as imaxes