Escoitar

Santos Héctor presentou unha campaña divulgativa sobre o control da diabetes

O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, participou este xoves na presentación do programa "Na diabetes tipo 2, non esquezas o teu colesterol e ...viceversa", no marco dunha campaña socio-sanitaria que desenvolve a Federación de Diabéticos Españois e a Asociación de Diabéticos de Vigo. O edil municipal transmitiulles o compromiso do Concello a colaborar no que precisen.

xoves, 17 nov 2011
1321553456JDAS1791.jpg
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, agradeceu aos organizadores a realización desta iniciativa en Vigo, deulles a noraboa pola campaña e recordoulles o compromiso municipal de respaldalos no que consideren oportuno.

Vigo recibe esta campaña a nivel nacional despois de ter visitado urbes coma Tenerife, Badajoz, Alicante, Pamplona, Vitoria e Salamanca, para posteriormente viaxar a Palma de Mallorca, Barcelona e Cádiz.

Dentro desta campaña, o Colexio Vivas -na rúa do Príncipe, 17- acollerá Esta tarde ás 19:00 horas a conferencia sobre a vinculación que existe entre a diabetes tipo 2 e os niveis de colesterol.

As enfermidades cardiovasculares constitúen a primeira causa de morte en España, e os pacientes diabéticos teñen máis probabilidade de desenvolvela. A diabetes tipo 2 é un factor de risco cardiovascular que afecta a 4,6 millóns de españois. En Galicia, ao redor 8% da poboación maior de 18 anos padece diabetes, o que supón que 220.000 galegos están afectadas por esta enfermidade.
Descargar todas as imaxes