O alcalde anuncia o acordo de cesión das instalacións de Marqués de Valterra para albergue municipal "definitivo e permanente"
Abel Caballero participou este xoves na reunión do Padroado da Fundación "Casa do Pescador-Institución Valeriosa" que acordou ceder ao Concello a sede das Misioneras do Silencio para converterse en albergue municipal. Unha vez aceptada a cesión, a xestión sairá a concurso público, aínda que non se desbota a posibilidade de abrilo -antes de rematar a tramitación administrativa- como dispositivo de emerxencia.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe xoves esta "magnífica noticia para esta cidade" que permitirá abrir un albergue municipal de 50 camas en Marqués de Valterra.
Caballero informou que, a falta de "pequenas modificacións" no texto de cesión, o Concello xa iniciou o expedente de aceptación da mesma para posteriormente sacar a xestión do centro a concurso público. O alcalde indicou que "dou por feito" o acordo, polo que non será preciso executar obras de adaptación no edificio da antiga Escola de Hostelería, no Berbés, previsto tamén para albergue no caso de non pecharse esta opción, e anularase "de mutuo acordo" o convenio rubricado coa Fundación Social Emaús.
O rexedor municipal adiantou que os técnicos e os xurídicos municipais elaborarán correspondentes informes para o concurso público e para que a cesión non supoña custe algún ás arcas municipais. Por outra banda, na reunión celebrada esta mañá plantexouse verbalmente a posibilidade de abrir o albergue de Marqués de Valterra como dispositivo de emerxencia do frío antes de rematar a tramitación administrativa. Estudarase esta opción mais, de non ser posible, o alcalde garantiu a apertura doutro dispositivo para o inverno.
Os orzamentos municipais para 2012, en elaboración, incluirán unha asignación económica para o albergue, tal e como explicou Abel Caballero, quen amosou a súa "satisfacción" por ter na "vía definitiva" unha das "grandes demandas desta cidade".
Descargar todas as imaxes