martes, 23 xan 2018
O goberno de Vigo da outro paso máis cara a implantación do proxecto Vigo Vertical coa autorización de Patrimonio á transformación do parque Camilo José Cela, que inclúe un elevador para conectar Torrecedeira con Pi y Margall. O Concello reserva ao efecto 2,8 millóns, recordou Abel Caballero.<br />
martes, 23 xan 2018
Abel Caballero lembra que o goberno local tivo que asumir os traballos pola falta de resposta da administración autonómica. O obxectivo é corrixir o afundimento ocasionado por unha mala canalización das augas por debaixo do vial.
mércores, 17 xan 2018
O investimento para humanizar a Estrada Provincial superará os 2,8 millóns e contará cunha conexión coa Avenida de Madrid a través de ramplas. O prazo de execución é de 12 meses, tal e como explicou hoxe mércores o rexedor.
venres, 12 xan 2018
O goberno de Vigo continúa coa remodelación da bancada de Río, no estadio municipal de Balaídos, e estima ter completamente instalada tanto a nova cuberta como a fachada ondulada para o 29 de xaneiro, data do próximo partido do Celta en Vigo. O Concello abre este venres a Avenida de Citroën ao tráfico en dirección Castrelos.
martes, 2 xan 2018
O alcalde deu conta esta mañá do avance dos traballos de instalación da cuberta de Río que xa está operativa nun 65%. O forte vento impediu esta mañá de martes avanzar nas obras pero a intención do Concello e retomar os traballos tan pronto como sexa posible co obxectivo de que a instalación estea completa o xoves 4 de xaneiro, para o partido Celta-Barcelona.
martes, 2 xan 2018
O alcalde pon en valor a "avalancha" destas contratacións e o que significan en creación de postos de traballo na cidade a través do programa Vigo Emprega. <br />
martes, 2 xan 2018
Abel Caballero e Carmela Silva asinan o convenio de colaboración por un importe de case seis millóns de euros para a construción do carril bici que incluirá a humanización dos tramos da cidade nos que aínda non se actuou.
xoves, 21 dec 2017
Segundo explicou Abel Caballero, a transformación do bulevar entre Lepanto e Praza de España que promove o Concello, cofinanciado por fondos FEDER da Unión Europa, será unha "revolución urbana". Tamén dentro do Vigo Vertical, o Concello adxudicou provisionalmente os ascensores entre Marqués de Valterra e Torrecedeira e entre esta e Pi y Margall, incluíndo a remodelación do parque Camilo José Cela.
mércores, 20 dec 2017
O alcalde considera que se trata dun "plan de humanizacións masivo correlativo a un plan de emprego máis importante que o Plan E". Este mércores deu conta das obras en marcha e das que teñen previsto o seu inicio o vindeiro ano 2018.
martes, 19 dec 2017
David Regades avanzou esta mañá que o Concello concluirá o ano que vén o ciclo de renovación do alumeado, coa substitución de 1.000 luminarias, que se sumarán ás case 6.000 que cambiaron neste 2017. Esta medida permitirá reducir a potencia nun 8% e xerará un aforro económico de 350.000 euros na factura municipal da luz.