xoves, 8 set 2011
A sentenza obriga a indemnizar con 10,8 millóns polo incumplimento dun convenio urbanístico asinado polo goberno local en 1992. O Pleno da Corporación aprobou hoxe xoves destinar 6 millóns de euros dos remanentes municipais e aprazar tres meses outros 4,8 millóns en investimentos deste ano para dar cumprimento ao mandato xudicial. As inversións afectadas son varias humanizacións de rúas, que entrarán no orzamento de 2012 que o goberno de Caballero prevé ter en vigor o próximo un de xaneiro.
xoves, 8 set 2011
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, presentou no Pleno da Corporación celebrado este xoves a proposta do goberno local de conxelar en termos reais os impostos e taxas municipais para o próximo ano. Aplícase así o IPC do 3,8% interanual do mes de abril, como ven sendo habitual no Concello de Vigo; as ordenanzas fiscais contemplarán unha reducción do 21% da taxa do lixo para oficinas e poderá fraccionarse ás débedas inferiores a 400 euros.
xoves, 8 set 2011
A iniciativa do grupo socialista, e co apoio dos nacionalistas, o Pleno da Corporación Municipal de Vigo instou hoxe xoves á Xunta de Galicia á creación dun fondo de cooperación económica para que a cidade perciba os fondos correspondentes ás competencias autonómicas que xa asume, tal e como as Autonomías perciben do Estado. A concelleira de Economía, Raquel Díaz, recordou que moitos servizos públicos de competencia autonómica os asume o goberno local sen contrapartida económica.
xoves, 8 set 2011
Sendas mocións presentadas por populares e nacionalistas recabaron o apoio do grupo socialista para solicitar a posta en marcha do autobús eléctrico e do servizo de coidadores do Casco Vello. O Pleno tamén acordou adoptar medidas de apoio á Fundación Banco de Alimentos, tras ver recortada nun 75% de cara ao próximo ano a súa capacidade de reparto.
luns, 5 set 2011
En sesión extraordinaria do Pleno da Corporación de Vigo, Luis Espada presentou este luns o seu informe de xestión de 2010 relativo ao Concello, no que felicita ás áreas de Xestión Municipal, Fomento, Educación, Participación Cidadá, Política de Benestar e Medioambiente pola "celeridade" na resolución dos requerimentos da Valedoría; ao tempo que a solicitou para Tráfico e Urbanismo.
luns, 5 set 2011
Así o explicou hoxe luns a concelleira de Facenda, Raquel Díaz, ante o Pleno da Corporación, onde deu conta do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para pagamento de obrigas. A edil indicou que a media de pago situouse en 39 días, polos 50 que establece a lexislación vixente, e avanzou que o 50% das facturas aboáronse en menos de 30 días.
venres, 8 xul 2011
Todos os grupos municipais aprobaron hoxe por unanimidade a proposta de Alcaldía referente a creación e composición das comisións de Pleno. Nesta sesión extraordinaria deuse tamén luz verde, por acordo de todos os corporativos, a proposta do Alcalde de nomear representantes en distintos organismos municipais.
xoves, 16 xuñ 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe xoves da reducción nas dedicacións do goberno local con respecto á Corporación anterior. Caballero anunciou que haberá seis dedicacións exclusivas e unha parcial, polas trece exclusivas do anterior mandato. Tras o Pleno celebrado hoxe, o grupo do PP baixará de catro a tres os seus liberados e reducirá a súa asignación económica e o BNG terá dous exclusivas.
venres, 10 xuñ 2011
O Pleno de constitución da nova Corporación e elección do alcalde celébrase o sábado 11 de xuño, ás 12 horas, no auditorio municipal. Os 27 corporativos xurarán ou prometerán o seu cargo para con posterioridade proceder á elección do próximo alcalde de Vigo.