mércores, 18 xul 2018
Marea e o grupo de goberno de Vigo, coa abstención do PP, aprobaron a moción presentada polos primeiros para trasladar a solidariedade da Corporación coas auxiliares de enfermería do Álvaro Cunqueiro e o seu rexeitamento as "coaccións" exercidas pola dirección do hospital ás traballadoras. Instan á xerencia a retirar os expedientes e devolver á concesionaria a función de traslado da roupa sucia dos pacientes.
mércores, 18 xul 2018
A unanimidade do Pleno deu luz verde este mércores á cesión gratuíta á Asociación Amencer-Aspace de máis de 6.000 metros cadrados en Bembrive. A construción é resultado da colaboración do Concello, a entidade e a Fundación Amancio Ortega e atenderá a case 150 persoas.
mércores, 18 xul 2018
O Pleno tomou coñecemento este mércores dos prazos de pago rexistrados no segundo trimestre do ano, onde o Concello abonou as súas facturas en 11 días en abril, 9 en maio e 12 días en xuño, o período máis breve de España segundo os datos oficiais. A Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) tamén recoñeceu a Vigo como a administración mellor pagadora do país.
mércores, 18 xul 2018
Os votos do grupo municipal socialista serviron para aprobar unha moción na que insta á deputada Ana Pastor a asumir responsabilidades políticas "por ter obstaculizado" a tramitación do AVE Vigo-Madrid en conexión directo por Madrid. Ademais, saíu adiante unha emenda de engadega para recoñecer ao Goberno de Pedro Sánchez o seu compromiso coa Alta Velocidade e coa peaxe de Redondela.
mércores, 27 xuñ 2018
O Pleno Municipal aprobou dúas mocións do grupo socialista nas que se insta ao goberno autonómico a poñer en marcha convenios anuais equivalentes aos firmados co Concello de Santiago. Ademais, saíu adiante outra proposta reclamando á Consellería de Sanidade a garantir a asistencia pediátrica no Centro de Saúde de Coruxo.
mércores, 27 xuñ 2018
A moción presentada pola Marea de Vigo recibiu o apoio de todos os grupos municipais para instar á eliminación definitiva dos privilexios fiscais que lle foron outorgados á concesionarias no franquismo.
mércores, 27 xuñ 2018
Jaime Aneiros, concelleiro de Facenda, anunciou que o goberno de Vigo destinará 15 millóns de euros do superávit de 2017 a investimentos públicos. Ademais, avanzou que un total de 4 millóns de remanente de Tesourería adicaranse á liquidación do contrato con Pazo do Congresos.
mércores, 30 mai 2018
Dúas mocións aprobadas este mércores no Pleno Municipal de Vigo instan a Fomento, Xunta e concesionaria a poñer fin aos problemas de tráfico en Rande. A Corporación solicitou tamén ao presidente da Xunta que pida publicamente desculpas aos cidadáns que quedan atrapados nas retencións. Neste último caso o PP alegou que non se pronunciaba porque a proposta foi levada fora de prazo.
mércores, 30 mai 2018
Silvia Gonçalves, en representación do colectivo, interveu este mércores ante a Corporación para denunciar que Hospital Álvaro Cunqueiro conta cunha matrona por cada tres parturientes cando a OMS recomenda unha por cada muller ou como máximo por cada dúas. As profesionais demandan da Xunta que "propicie as condicións para que o noso traballo non sexa bo, senón excelente"