Pleno da Corporación
O Pleno da Corporación respalda a Declaración de Emerxencia Climática na cidade de Vigo<br />
mércores, 4 set 2019Todos os grupos políticos avalaron esta mañá a petición de Declaración de Emerxencia Climática na cidade de Vigo, apoiando unha moción defendida no Pleno desta mañá pola concelleira do Grupo Mixto, Oriana Méndez. As catro forzas políticas deron luz verde a un texto que foi presentado por colectivos ecoloxistas agrupados na Alianza pola Emerxencia Climática.
O Pleno insta a Feijóo a garantir a asistencia sanitaria no centro de saúde de Bouzas
mércores, 4 set 2019Marea de Vigo e BNG apoiaron a moción do PSdeG-PSOE fronte ao voto contrario do PP. Tamén saíron adiante dúas propostas socialistas, unha demandando á Xunta a creación de dúas escolas infantís na cidade e outra instando ao goberno autonómico a que se achegue fondos para a reforma do Estadio de Balaídos.
A unanimidade do Pleno urxe a Portos de Galicia a que reconstrúa a lonxa de Canido
mércores, 4 set 2019A moción do grupo socialista demanda á Xunta de Galicia a presentación do proxecto da obra e a súa inclusión nos Orzamentos de 2020. Amais, o Concello insta ao goberno autonómico a realizar convocatorias de concorrencia competitiva nas subvencións de políticas de emprego.
A Corporación da o visto e prace á actualización das ordenanzas fiscais
mércores, 4 set 2019A Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores na sesión plenaria a actualización das ordenanzas fiscais para o exercicio 2020. "Estamos ante un sistema fiscal municipal xusto", defendeu o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros.
O Pleno Municipal de Vigo aproba os días festivos locais para o ano 2020
mércores, 4 set 2019A Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores na sesión plenaria o calendario de festividades para o vindeiro ano 2010. Cos votos do PSOE e PP, quedaron fixados o 28 de marzo, Día da Reconquista, e o 25 de febreiro, Martes de Entroido, como días festivos locais.
A Corporación pide á Xunta "diálogo" para unha nova zonificación escolar e aumentar as dotacións educativas
mércores, 31 xul 2019A moción foi presentada pola Marea e saíu aprobada cunha emenda do grupo do goberno de Vigo instando á Xunta a incluír 3 millóns no orzamento autonómico do próximo ano para infraestruturas educativas da cidade. O PP de Vigo votou en contra.
O Concello abona as facturas en nove días e mantense á cabeza de España
mércores, 31 xul 2019O concelleiro de Facenda deu conta este mércores ante o Pleno do informe de Tesourería do segundo trimestre e indicou que Vigo, xunto a Barcelona, son as urbes que antes pagan aos seus provedores. Ademais, a Corporación aprobou a Conta Xeral do Concello de 2018, que arroxa un resultado orzamentario positivo.
A Corporación insta á Xunta a integrar CEDRO no Sergas asumindo o custo do servizo
mércores, 31 xul 2019A moción socialista foi aprobada co apoio de Marea de Vigo e do BNG, que tamén apoiaron a moción coa que o PSOE demanda á Xunta o financiamento íntegro das súas competencias exclusivas en materia de xestión dos centros de día de Teis, Valadares e Coia.