O Pleno insta ao presidente da Xunta a desmarcarse da postura do PP Europeo contraria a que España reciba fondos da UE
A Pleno Municipal de Vigo aprobou este martes no Pleno ordinario de xuño unha moción do PSOE instando ao presidenta da Xunta de Galicia a desmarcarse da postura do Partido Popular Europeo contraria a que España reciba fondos da UE pola pandemia do Covid-19.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores na súa sesión ordinaria unha moción do PSOE na que se insta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a “desmarcarse da posición política do Partido Popular Europeo e dos europarlamentarios españois do PP contraria a que España reciba fondos da UE para a reconstrución económica posterior á crise sanitaria que serán tan necesarios para a cidade de Vigo”. Tanto o grupo mixto como o concelleiro non adscrito votaron a favor, mentres que o grupo municipal do PP votou en contra da moción.
“A reconstrución económica de Vigo non está a contar coa implicación do goberno de Núñez Feijóo e a obtención dos fondos da UE vai marcar o futuro de España e, en consecuencia, da nosa cidade”, sinalou o concelleiro Carlos López Font durante a súa exposición da proposta do grupo municipal socialista.
O concelleiro Xabier Pérez Igrexas sinalou que “esta crise pon en evidencia a reconstrución europea” e apuntou que “o PP xoga a canto peor, mellor”, mentres que a edil Oriana Méndez acusou aso “populares” de “manobrar en Europa tumbar o Goberno español”.
A postura do grupo municipal do PP foi defendida por Jesús Marco, quen sinalou que “a moción non ten base nin fundamento e tan só quere enredar” e cualificou como “mentira” a afirmación de que o PP non quere que a UE envíe fondos europeos a España.
Moción sobre comercio
Ademais, o Pleno Municipal aprobou a moción do grupo municipal mixto instando á Xunta e ao Concello a axudas de xeito urxente para o sector do comercio e a hostalería local antes do inicio da campaña de verán.