mércores, 1 xul 2020
O Pleno Municipal sorteou este mércores, nunha sesión extraordinaria, a formación de mesas para as Eleccións Autonómicas do vindeiro 12 de xullo. O sorteo celebrouse despois de que a Xunta Electoral Local comunicase ao Concello a renuncia dun total de 158 persoas elixidas na sesión plenaria do 15 de xuño.
mércores, 1 xul 2020
Na moción socialista, aprobada este mércores no Pleno cos votos a favor de tódolos grupos salvo a abstención dos populares, ínstase ao presidente da Xunta a que recoñeza o papel de Peinador no sistema aeroportuario galego e a súa contribución á economía da área metropolitana.
mércores, 1 xul 2020
A moción socialista, apoiada polo grupo mixto e o concelleiro non adscrito, reclama a Feijóo que atenda as demandas laborais do persoal sanitario, cesando ao conselleiro de Sanidade. Tamén se aprobou instar á Xunta a dotar de equipos informáticos e conectividade ao alumnado que o precise para o próximo curso.
mércores, 1 xul 2020
O Pleno do Concello aproba por unanimidade o manifesto ao que previamente dera luz verde a Federación Española de Municipios e Provincias.
mércores, 1 xul 2020
A Pleno Municipal de Vigo aprobou este martes no Pleno ordinario de xuño unha moción do PSOE instando ao presidenta da Xunta de Galicia a desmarcarse da postura do Partido Popular Europeo contraria a que España reciba fondos da UE pola pandemia do Covid-19.