O Pleno insta á Xunta a que asuma o financiamento íntegro do albergue de Marqués de Valterra
A moción presentada polo grupo socialista foi apoiada polo concelleiro non adscrito e foi rexeitada polo Partido Popular mentres que se abstivo o grupo mixto.
O Pleno municipal insta á Xunta de Galicia a que asuma o financiamento íntegro do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social do Concello de Vigo no exercicio das competencias que lle son propias. Así o recolle a moción do grupo socialista que defendeu Yolanda Aguiar, quen argumentou que a Lei 13/2008, de 3 de decembro, atribúe as competencias en materia de servizos sociais á Xunta de Galicia e, entre elas, destaca a xestión de centros de inclusión e emerxencia social tipificados regulamentariamente, tales como albergues, centros de acollida, comedores sociais... Pola contra, tal e como apuntou, a xestión actual do albergue de Marqués de Valterra é financiada ao cento por cento polo Concello cun orzamento anual de 800.000 euros.
A moción socialista acadou o apoio do concelleiro non adscrito mentres o grupo mixto se abstivo e o popular rexeitou o texto.
Outras mocións aprobadas
A sesión plenaria deu luz verde á moción socialista na que se manifesta o recoñecemento e agradecemento ao goberno de España polo labor realizado polo Ministerio de Fomento e por ADIF ao conseguir a inclusión de Vigo e o seu Porto no Corredor Atlántico. Amais quedou aprobada a moción do grupo municipal socialista no que se reproba a cobertura realizada pola Televisión de Galicia no momento do acendido das luces de Vigo do pasado 23 de novembro ao impedir que os espectadores da televisión pública galega puidesen contemplar esas imaxes. As dúas propostas foron rexeitadas polos outros grupos municipais.