O rexedor inaugura a humanización doutro tramo de García Barbón cun investimento de máis de 500.000 euros
O Concello prosegue coa humanización da García Barbón, neste caso rematouse o tramo comprendido entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro, co obxectivo de completar a avenida ata Sanjurjo Badía. Amais, a Xunta de Goberno Local aprobou dedicar 500.000 euros a apoiar novos proxectos de PEMES e emprendedores.