Escoitar

O goberno municipal dedica 403.000 euros á compra de parcelas para o pavillón de Matamá

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a compra de catro parcelas situadas na rúa Canteiros de Matamá nas que o Concello prevé dispoñer aparcamento para o futuro equipamento deportivo e de ocio.

xoves, 26 dec 2019
1577368745matama.jpg
O alcalde deu conta este xoves da aprobación en Xunta de Goberno Local da compra de catro parcelas situadas na rúa Canteiros de Matamá para facer unha nova zona deportiva e de ocio na cidade. Haberá unha zona verde e de aparcamento cunha nova conexión ata o pavillón deportivo.

Segundo explicou, o Concello construirá o novo pavillón que vai ser utilizado tamén por un dos centros educativos da zona, que o empregará para actividades de deporte e lecer. Unha dotación que precisa incorporar parcelas polo que "adquirimos as que nos permitirán construír o pavillón e aparcamento" por un importe total de 403.000 euros.

Con todo, Abel Caballero rexeitou a actuación da Xunta de Galicia que se "opón á aplicación da Lei Vigo para estas parcelas e para cambiar a cualificación dos terreos rústicos a uso deportivo. A Xunta non permite aplicar a Lei que o faría posible" porque, apunta, "non quere que fagamos esta nova dotación deportiva, para a que xa temos partida orzamentaria e acabamos de comprar parcelas" dedicando máis de 400.000 euros.
Descargar todas as imaxes