Escoitar

O alcalde inaugura a humanización da rúa Mantelas "do século XXI"

O goberno municipal ten en marcha obras por valor de 108 millóns de euros para adaptar a cidade aos novos tempos con consumos enerxéticos baixos e accións de respecto medioambiental.

xoves, 26 dec 2019
1577368984mantelas1.jpg
Abel Caballero asistiu este xoves á inauguración da humanización da rúa Mantelas que loce xa "humanizada, recuperada e proposta na forma de entender as cidades do século XXI", logo de actuar ao longo de 300 metros renovando as tubaxes de abastecemento (400 metros), de saneamento (300m), augas pluviais (277m) e fecais para dotar de "modernidade" a esta rúa.

O rexedor explicou que se renovou toda a rede de telecomunicacións, co canleado baixo terra, malia que a compañía eléctrica aínda non fixo uso dela polo que a emprazou a "acelerar e sacar os cables aéreos das rúas poñéndoos nas canalizacións baixo terra que están á súa disposición de balde, non toleraremos que, por desidia dunha compañía, haxa aínda cables ao aire". Amais, a rúa Mantelas dispón de 15 novos faros de alumeado público, de baixo consumo, bancos e nova sinalización vertical e horizontal.

Nestes momentos, o Concello está realizando obras por valor de 108 millóns de euros, unha "cifra extraordinaria de investimento público" para adaptar as cidades aos novos tempos con consumos enerxéticos baixos, respecto medioambiental, cidade verde, beirarrúas anchas e zonas semipeonís, tal e como apuntou o alcalde.
Descargar todas as imaxes