Escoitar

Caballero urxe á Xunta a convocar o Padroado do IFEVI para iniciar a ampliación <br />

O alcalde reuniuse este venres co presidente de Conxemar, José Luis Freire, logo de que o IFEVI dispoña xa do proxecto básico de ampliación do recinto e criticou a actuación da Xunta de Galicia que non deu resposta a esta petición.

venres, 27 dec 2019
1577456271freire.jpg
O rexedor mantivo un encontro esta mañá co secretario e o presidente de Conxemar, José Luís Freire, a quen lles transmitiu que o IFEVI xa ten o estudo da ampliación do recinto "coa urxencia que requiría Conxemar e estamos urxindo á Xunta de Galicia a que proceda pola vía de urxencia á ampliación do recinto". Explicou o rexedor, que unha vez recibido o proxecto básico e o proxecto construtivo da ampliación, "procede a aplicación da Lei Vigo" que permita ese crecemento.

Abel Caballero expuxo que o 23 de decembro, un día despois de que o IFEVI recibise o proxecto, o Concello enviou unha carta, asinada polos concelleiros Javier Pardo, Carlos López Font e Santos Héctor Rodríguez, urxindo á presidenta a convocar o pleno do Padroado do IFEVI e, tres días despois, o 26 de decembro, o Concello enviou a orde do día para esa reunión na que se debe tomar coñecemento do proxecto e solicitar a aplicación da Lei Vigo "exactamente igual que se fixo coa ampliación do anterior tramo hai un par de anos".

O rexedor urxe á Xunta a convocar o Padroado para o vindeiro luns "pero parece que a Xunta non ten ningunha présa" porque, di, xa debera estar convocado unha vez recibido o proxecto, valorando a importancia "vital" da ampliación do IFEVI xa que "está en xogo que Conxemar estea en condicións de competir coa SEAFOOD en Barcelona porque os que veñan a Vigo coa ampliación non irán a Barcelona", cifrando en 60 ou 70 empresas as interesadas en estar en Vigo que carecerían de espazo de non acometerse a obra.

O alcalde criticou que "a Xunta non quere o triunfo de Conxemar" ao non convocar a reunión do Padroado do IFEVI, ao non asignar orzamento para a ampliación do recinto feiral e ao rexeitar que Zona Franca entre no Padroado, despois de que vez solicitase a entrada no Padroado e amosase a súa disposición a financiar a ampliación.
Descargar todas as imaxes