venres, 11 xul 2003
A nova Corporación municipal celebrou a primeira sesión convocada con carácter extraordinario na que se deu conta da constitución dos grupos municipais, dos nomeamentos dos tenentes de alcalde, membros da Comisión de Goberno e delegación de atribucións en concelleiros e representantes nos organismos autónomos municipais, no museo "Quiñones de León", na Mancomunidade e nos padroados de fundacións e entes privados.
mércores, 11 xuñ 2003
Hoxe, 11 de xuño, celebrouse un pleno extraordinario para aprobar as actas do 28 de abril e do 6 de xuño. Este pleno foi o último deste mandato e no mesmo o alcalde en funcións Lois Castrillo desexoulle sorte no futuro ós concelleiros e concelleiras que abandonan a actual corporación municipal.
venres, 6 xuñ 2003
A corporación en funcións aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan especial de ordenación do Porto formulada pola Autoridade Portuaria de Vigo, por iniciativa do Consorcio da Zona Franca e do Concello de Vigo.
venres, 6 xuñ 2003
A corporación acordou promover o mellor funcionamento do servicio de limpeza de edificios catalogados, inmobles de valor aínda que non teñan tal consideración e todas as pezas do noso patrimonio. Ademais de establecer a vixilancia necesaria e unha disciplina de sancións que inclúa maior cantidade para as pintadas, pegada de carteis e outros danos nestes inmobles e outras pezas de interese, se disporá a elaboración dun protocolo para facer o seguimento axeitado de cómo evoluciona a situación deses elementos co propósito de limpar, reparar ou ordenar reparar e todo o que sexa necesario para o seu correcto mantemento.
xoves, 5 xuñ 2003
A corporación en funcións prevé aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de ordenación do Porto formulada pola Autoridade Portuaria de Vigo, por iniciativa do Consorcio da Zona Franca e do Concello de Vigo. A sesión será o venres 6 de xuño ás 9:00 no salón de plenos.
luns, 28 abr 2003
O Pleno da corporación municipal adxudicou o concurso para a contratación da concesión do servicio público de ampliación, substitución, mantemento, conservación, reparación, subministro e explotación das instalacións de regulación, control e información de tráfico de vehículos e peóns na rede viaria de Vigo.
luns, 28 abr 2003
O Pleno aprobou a permuta de terreos sitos no polígono 1 do Peri "A Bouza sur", propiedade de Miraflores Vigo, por fincas do patrimonio municipal do solo, para converter en zona verde as parcelas.
luns, 28 abr 2003
O Pleno da Corporación aprobou, por aclamación, nomear unha rúa ou praza de Vigo co nome de Mercedes Ruibal para a lembranza das xeracións futuras e como homenaxe aos valores artísticos e á coraxe cívica desta viguesa exemplar.
venres, 25 abr 2003
A sesión, de carácter ordinario, comezará ás 9 de mañá no salón de plenos e nela trataranse un total de 21 asuntos.
luns, 31 mar 2003
A Corporación municipal acordou cederlle o local municipal situado na rúa Oliva á asociación veciñal e cultural do Casco Vello. Terá dereito a uso dunha superficie de 169, 89 m2 no semisoto e 19,95 m2 da planta baixa do inmoble, por un período de 20 anos, no que está o Centro de servicios comunitarios do Casco Vello, excluíndo desta cesión o patio interior do semisoto coas excavacións da muralla.