O Pleno rexeita a guerra de Iraq e defende os valores da cultura da paz
luns, 31 mar 2003Os concelleiros da Corporación municipal, agás os do grupo do Partido Popular, aprobaron unha moción no pleno celebrado hoxe relativa ao conflicto armado contra Iraq, na que manifestan a súa reprobación sobre a implicación española no devandito conflicto e declaran que Vigo non se sente representado pola política exterior que o goberno do Sr. Aznar está a practicar neste asunto.