Escoitar

O Pleno deu conta de decretos de competencias

A Corporación Municipal reuniuse hoxe en sesión plenaria na que se deu conta de diversos decretos asinados pola Alcaldía como a delegación de competencias dos concelleiros e a relación de presidentes e vicepresidentes das Comisións Informativas.

luns, 19 xan 2004
Relación de presidentes-delegados e vicepresidentes das Comisións Informativas:

-COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO:
Presidente: José Manuel Figueroa Vila Vicepresidenta: Lucía Molares Pérez

-COMISIÓN INFORMATIVA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E DESENVOLVEMENTO LOCAL: Presidenta: Lucía Molares Pérez Vicepresidente: Ignacio López Chaves-Castro

-COMISIÓN INFORMATIVA SERVICIOS XERAIS: Presidente: José Manuel Iglesias Carrera
Vicepresidente: Antonio Coello Bufill

-COMISIÓN INFORMATIVA DE XESTIÓN MUNICIPAL:
Presidenta: María Luisa Graña Barcia Vicepresidente: Miguel Barros Puente

-COMISIÓN INFORMATIVA DE ASUNTOS SOCIAIS:
Presidenta: Olaia Fernández Davila Vicepresidenta: María José Méndez Piñeiro

-COMISIÓN INFORMATIVA DE MOBILIDADE E SEGURIDADE:
Presidente: Antonio Coello Bufill Vicepresidente: Carlos Comesaña Abalde

-COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTROL DA CONTRATACIÓN
Presidente: Xulio Alonso

Por outra banda, no Pleno deuse conta do decreto de delegacións dos servicios corporativos do Concello de Vigo estructúranse nas seguintes áreas que estarán dirixidas polos Concelleiros que se indican:

I.-ÁREA DE URBANISMO E MEDIO AMBIENTE, dirixida polo Concelleiro Delegado de Área e membro da Xunta de Goberno Local, D. Jose Manuel Figueroa Vila.

II.-ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E DESENVOLVEMENTO LOCAL,
dirixida pola Concelleira Delegada de Área e membro da Xunta de Goberno Local, Dª. Lucia Molares Pérez.

III.-ÁREA DE SERVICIOS XERAIS, dirixida polo Concelleiro Delegado da Área e membro da Xunta de Goberno Local, D. José Manuel Iglesias Carrera.

IV.-ÁREA DE GESTIÓN MUNICIPAL, dirixida polo Concelleiro Delegado de Área e membro da Xunta de Goberno Local, D. Javier Guerra Fernández.

V.-ÁREA DE ASUNTOS SOCIAIS, dirixida polo Concelleiro Delegado de Área e membro da Xunta de Goberno Local, D. Ignacio Javier López-Chaves Castro.

VI.-ÁREA DE MOBILIDADE E SEGURIDADE, dirixida polo Concelleiro Delegado de Área e membro da Xunta de Goberno Local, D. Antonio Coello Bufill.

VII.- Ó obxecto de establece-las bases para propoñer no seu día ó Pleno do Concello a división territorial do termo municipal en Distritos que
faciliten, a través dos seus respectivos órganos, a xestión desconcentrada
de asuntos municipais. A fin de impulsar e desenvolve-la participación
cidadá. Co ánimo de canalizar e aproxima-las demandas, suxerencias,
reclamacións e aspiracións das comunidades veciñais nos ámbitos
territoriais que se indican, e sen prexuizo de establecer en posteriores
Resolucións os mecanismos de coordinación que resulten necesarios coas
Áreas anteriormente mencionadas, noméanse ós seguintes Concelleiros/as
Delegados de Distrito:

-Dª Mª Soledad Polo Lima, no ámbito de Coia, Espedrigada e Balaidos.

-D. Carlos Abalde Comesaña, no ámbito de Freixeiro, Castrelos, Sárdoma, Matamá, Beade, Valadares e Zamáns.

-D. Jose Manuel Couto Pérez, no ámbito de Teis, Lavadores, Candean e Cabral. Asemesmo ostentarán a Presidencia de Organismo Autónomo Municipal Parque Natural das Ciencias-Vigo Zoo, dirixindo e xestionando de acordo cos Estatutos os Servicios e actividades que realiza e presta.