venres, 23 xan 2004
O Museo de Arte Contemporánea acolle dende hoxe e ata o 14 de marzo a exposición titulada "O Feito Fotográfico" que é un achegamento á actividade fotográfica desenvolvida na cidade de Vigo no período 1984-2000, a través da Fotobienal e das programacións da Sala dos Peiraos (1985-1991) e da Casa das Artes (1991-1992), organizadas polo Concello de Vigo en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, e comisariadas por Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal.
venres, 23 xan 2004
O vindeiro martes 27 de xaneiro, o Proxecto Compás inicia un novo ciclo de formación cun seminario e un simulador empresarial, dirixidos a persoas emprendedoras interesadas en deseñar e executar o seu propio plan de negocio. A Confederación de Empresarios de Pontevedra, un dos socios do Proxecto Compás, será a encargada de desenvolvelos.
venres, 23 xan 2004
O luns día 26 a partir das nove da mañá dará comezo o pleno ordinario do mes de xaneiro. Na orde do día figuran 19 asuntos entre os que destaca a presentación do novo plan municipal de emprego 2004-2007.
venres, 23 xan 2004
A Xunta de Goberno Local celebra reunión o luns, día 22, unha vez remate o pleno ordinario convocado para o mesmo día ás nove da mañá. A Xunta leva un total de 45 asuntos na orde do día.