Escoitar

Exposición sobre a colección Fotográfica do Concello de Vigo

O venres 23 de xaneiro ás 20:00 inaugúrase no MARCO a exposición " O feito fotográfico. A Colección Fotográfica do Concello de Vigo (1984-2000)", que pretende ser un achegamento ás actividades organizadas polo Centro de Estudos Fotográficos en colaboración co Concello de Vigo durante o citado período.

xoves, 22 xan 2004
1074781679vila.jpg
A exposición amosa unha ampla escolma das case 1200 fotografías da colección, salvo do relativo ao proxecto Vigovisións, sección á que foi dedicada o ano pasado unha exposición monográfica realizada tamén no MARCO.

Os comisarios da exposición, Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, responsábeis das
exposicións antes citadas, levan a cabo no texto do catálogo unha extensa análise do significado
da Fotobienal de Vigo así como das actividades fotográficas realizadas na Saa dos Peiraos e na
Casa das Artes no devandito período.

As exposición complementase cun ciclo de conferencias e mesas redondas en torno á fotografía que se celebraran os días 26 e 27 de febreiro e 2 de marzo.
Descargar todas as imaxes