xoves, 22 xaneiro 2004

Exposición sobre a colección Fotográfica do Concello de Vigo

xoves, 22 xan 2004

O venres 23 de xaneiro ás 20:00 inaugúrase no MARCO a exposición " O feito fotográfico. A Colección Fotográfica do Concello de Vigo (1984-2000)", que pretende ser un achegamento ás actividades organizadas polo Centro de Estudos Fotográficos en colaboración co Concello de Vigo durante o citado período.

Cursos da Concellería da Muller<br />

xoves, 22 xan 2004

A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos sobre "Adestramento da memoria" e "Charlas e tertulias de mulleres" que se impartirán na Casa das Mulleres. Os cursos, de carácter gratuíto, teñen prazas limitadas e o período de inscrición é do 26 de xaneiro ao 13 de febreiro.