Escoitar

Reunión da Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local celebra reunión o luns, día 22, unha vez remate o pleno ordinario convocado para o mesmo día ás nove da mañá. A Xunta leva un total de 45 asuntos na orde do día.

venres, 23 xan 2004
1.- Acta da sesión ordinaria do 29 de decembro de 2003 e 5 de xaneiro de 2004.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 03/7522/99 interposto por D. CARLOS A. PRINCIPE E OUTRA contra acordo plenario do 28.11.98 sobre imposición de taxas sercicio de augas e Ordenanza Fiscal reguladora. Desestimado.

3.- Sentencia do Tribunas Supremo no rec. Casación nº 3331/2000 interposto por Dª MARIA DEL ROSARIO ELOSUA BITERI contra sentencia do TXGA no r.c.a. nº 02/4486/96, sobre desalojo do edificio da rúa Compostela nº 21. Inadmisible o recurso.

4.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 01/1102/02 interposto por D. JOSE MANUEL GONZALEZ UCHA e D. JUAN CARLOS ROMÁN CASAS contra acordo da C.Goberno sobre aprobación bases específicas para selección dun técnico medio de Servicios Económicos. Desestimado.

5.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4526/00 interposto por D. JOSE BENITO GONZALEZ DOMÍNGUEZ contra acordo da C.Goberno do 22.05.00 desetimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

6.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4015/00 interposto por D. FRANCISCO JAVIER BUGARÍN ROMÁN contra acordo plenario de 15.04.99 denegatorio da desafectación de parte do cño. Ramal-1 da Aguadiña e aproba a súa rectificación inventarial. Desestimado.

7.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 32/03 interposto por D. LUIS CASTRO IGLESIAS contra silencio producido na reclamación de obras ilegais e omisión do exercicio de defensa de bens do dominio público. Inadmisible o recurso.

8.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 212/03 interposto por D. ANTONIO GARCÍA FERNÁNDEZ contra resolución do 12.05.03 desestimatoria de escrito de alegación sobre retención de contía en conta bancaria por impago do EUI-1994. Desestimado.

9.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 217/2003 interposto por Dª MARIA HERMIDA ALVAREZ contra provincencia de constrinximento de 17.01.01 polo imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. Desestimado.

10.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 123/2003 interposto por GLOVIS S.L. contra resolución de 27.01.03 desestimatoria de rec.reposición contra providencia de constrinximento sobre a taxa de recollida de lixo 93-96. Desestimado.

DEPORTES
11.- Solicitude de Servicios Hípicos Hipigal S.L. de autorización para realizar a "Copa del Mundo de Salto y Enganches de la Federación Ecuestre Internacional-2004" no IFEVI. Expte. 4824/333.

12.- Bases da convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo, temporada 2003-2004. 4287/333.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
13.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servicio de Desenvolvemento Local e Emprego durante o mes de decembro de 2003. Expte. 2150/077.

14.- Proposta de cualificación como iniciativa local de emprego do proxecto empresarial "Inteligencia y Tecnología S.L." Expte. 2167/077.

INTERVENCIÓN XERAL
15.- Xustificantes de libramento.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
16.- Dar conta do informe do xefe da Área de Réxime Interior de 9.01.04 sobre os trámites a realizar como consecuencia da Sentencia do TSXG nº 2003 en relación coa concesión de dominio público de aparcadoiros subterráneos na rúa Urzáiz e Praza da Independencia. Expte. 11395/240.

17.- Devolución de fianza a Viveros O Piñeiro constituída para responder da subministración de materiais de construcción. Expte. 16668/240.

18.- Prórroga dos contratos de asistencia técnica para dar de alta no padrón do IBI edificacións omitidas ou refelctidas de modo erroneo ou incompleto. Expte. 77/500.

19.- Reclamación da Comunidade de Montes de Cabral en relación coa finca nº 200 afectada pola obra da autopista A9 tramo Rande-Puxeiros. Expte. 16688/240.

20.- Adxudicación do concurso para o mantemento do terro de xogo do Estadio de Balaídos. Expte. 3861/333.

21.- Adxudicación do concurso para a dirección técnica dos traballos de mantemento dos campos de fútbol municipais. Expte. 3859/333.

22.- Expediente para a contratación dos servicios de apoio ás iniciativas musicais da Concellería de Xuventude. Expte. 972/336.

23.- Resolución do contrato con Turvigo, Ferias y Congresos S.A. para a promoción, organización e celebración de feiras patrocinadas polo Concello de vigo. Expte. 15847/240.

PATRIMONIO HISTÓRICO
24.- Proposta de integración do conxunto de arte rupestre dos montes do Mouxo na Rede Galega do Patimonio Arqueolóxico. Expte. 1898/307.

PERSOAL
25.- Proxecto de convenio concello de Vigo-Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudios de alumnos da Facultade de Dereito.Expte. 14541/220.

26.- Sentencia do TXSG no rec. Suplicación nº 3422-00 interposto por D. Asterio García Jiménez contra sentencia do Xungado do Social nº 1, sobre reclamación de aboamento de seguro. Expte. 14545/220.

27.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 7.01.04, sobre gratificación por servicios especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servicio de Extinción de Incendios –decembro 2003-. Expte. 14539/220.

28.- Rectificación acordo Comisión de Goberno de data 1.12.03, de gratificación por servicios especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondente ós meses de xuño e outubro 2003. Expte. 14424/220.

29.- Memoria anual do Fondo Social, correspondente o ano 2003. Expte. 14558/220.

30.- Gratificación por servicios especiais e extraordinarios persoal Cemiterios decembro 2003, por exceso de xornada anual. Expte. 14550/220.

31.- Complemento productividade do persoal do Parque Móbil correspondente ó mes de decembro 2003. Expte. 14551/220.

32.- Gratificación por servicios especiais e extraordinarios Gran Gala Policía Local con motivo "Día Constitución" e "nomeamento nova Alcaldesa".Expte. 14552/220.

33.- Complemento de productividade do persoal do Servicio de Desinfección, correspondente ó mes de decembro 2003. Expte. 14553/220.

34.- Complemento productividade do persoal Desinfección por conducir vehículo lixeiro municipal, non sendo oficiais conductores, 4º trimestre 2003. Expte. 14554/220.

35.- Complemento de productividade do persoal do Servicio de Extinción de Incendios por conducción de vehículos sen ser oficiais, 4º trimestre 2003. Expte. 14555/220.

36.- Gratificación por servicios extraordinarios de domingos, festivos e nocturnidade persoal municipal decembro 2003. Expte. 14559/220.

37.- Proposta para declarar deserta a convocatoria para provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto vacante de xefe da Unidade de Contratación. Expte. 12783/220.

38.- Aplicación recargo festividade ás gratificacións por servicios extraordinarios da Policía Local por asistencias ó xulgado e organismos oficiais durante os anos 1999, 2000, 2001, 2002 e 1º cuatrimestre 2003. Expte. 14522/220.

39.- Productividade por diferencia de función do Suboficial do Servicio de Extinción de Incendios, D. Guillermo Domínguez López, meses setembro, outubro e novembro 2003. Expte. 14543/220.

40.- Productividade por diferencia de función de D. Juan A. Barreiro Vila, do Servicio de Informática. Expte. 14544/220.

RECADACIÓN EXECUTIVA
41.- Dar conta da anulación de providencias de constrinximento sobre liquidaciós de taxas por enganche de abastecemento e saneamento de auga. Expte. 1590/700.

SEGURIDADE
42.- Solicitude de D. José Porto Padín de autorización para a celebración das Festas de San Brais e a Candelaria na parroquia de Santa María de Castrelos. Expte. 69291/210.

URBANISMO
43.- Modificación do Convenio de permuta para a adquisición de parcelas dotacionais na rúa Muíños a cambio de aproveitamentos municipais. Expte. 4409/401.

44.- Recurso de reposición contra acordos municipais en relación coa construcción do Centro Comercial "Carrefour". Expte. 4497/401.

45.- Rogos e preguntas.