Escoitar

O martes remata o prazo do concurso de carteis do Entroido

O próximo día 20 remata o prazo para presentar os traballos do XVIII Concurso de Carteis do Entroido.O obxecto deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na difusión do programa do ENTROIDO 2004, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo. Neste concurso poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen, coa condición indispensable de seren inéditas.

venres, 16 xan 2004
2.Os orixinais realizaranse verticalmente, en papel de 40 x 55 cm, e presentaranse suficientemente protexidos e montados sobre soporte ríxido e desmontable, que permita a súa perfecta exposición. A técnica utilizable será libre dentro dos límites usuais para permitir unha normal reproducción fotomecánica.

En caso de remitirse facturados, o Concello de Vigo non responderá de posibles danos, nin extravíos, como tampouco da súa devolución.

Así mesmo, o Concello de Vigo non responderá dos posibles estragos ou danos que poidan sufrir os carteis como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe e desmontaxe, en caso de realizarse algunha exposición destes (base núm 9). Por este motivo, recoméndase que os carteis se presenten en soporte de cartón, cartón-pluma ou similar, evitando na medida do posible o emprego de cristal, metacrilato, enmarcado, etc.

3.Os orixinais, ademais do logotipo e anagrama oficial do Concello de Vigo, deberán incluír necesariamente os seguintes textos:

* ENTROIDO 2004.
* VIGO.
* DO 20 Ó 25 DE FEBREIRO.

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras, así como calquera modificación de datas ou doutro tipo que poidan xurdir. Así mesmo, resérvase a facultade de modificar ou substituí-lo logotipo e anagrama que apareza no orixinal, así como de varia-la súa localización na composición definitiva do cartel que se edite.

4.Os carteis presentaranse na Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo (praza do Rei, s/n; CP 36202), en horario de 9 a 14 horas; o prazo de presentación iniciarase o 15 de decembro e finalizará ás 14'00 h. do día 20 de xaneiro. Non serán admitidos os carteis que se reciban no citado departamento con posterioridade á data e hora indicadas, calquera que sexa a causa do atraso.

As presentes bases publicitaranse a través dos medios de comunicación local e estarán a disposición dos/as interesados/as na propia Concellería de Festas, no posto de información situado na lonxa do Concello e na web municipal.

5.Cando os traballos se presenten persoalmente, facilitarase un recibo que se cambiará no seu día polo traballo presentado. Os que se reciban facturados seranlle devoltos ó seu autor/a, se así o solicita, unha vez verificado o concurso; todo isto sen prexuízo do previsto na base núm 9.

Transcorrido o prazo de 30 días naturais, contados dende a data de adxudicación do concurso, sen que os/as autores/as dos traballos non premiados os recollesen, entenderase que renuncian a estes, e o Concello de Vigo poderá dispoñer libremente deles, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase. Os gastos de envío e devolución serán por conta dos/as concursantes.

6.Os carteis serán presentados sen sinatura do/a autor/a e baixo un lema, que estará escrito no dorso do cartel, acompañados dun sobre pechado que porá no seu exterior o mesmo lema. No interior do sobre depositarase unha nota escrita a máquina ou rotulación adecuada, co nome e apelidos do autor/a, enderezo, número de teléfono e NIF ou CIF correspondente. O incumprimento dalgún destes aspectos será motivo de descualificación.

7.Establécense para este concurso os seguintes premios e accésit:

PREMIO ÚNICO: 2.400.- euros.
3 ACCÉSIT: 300.- euros, cada un deles.

Os premios estarán suxeitos á normativa fiscal que proceda aplicar e non serán acumulables.

O premio único ou calquera dos accésit poderán ser declarados desertos polo xurado do concurso. De estimar o xurado que ningún dos traballos presentados resulta adecuado para se-lo cartel anunciador oficial do ENTROIDO 2004, o Concello de Vigo resolvería polos seus propios medios a edición do mencionado cartel.

8.As obras gañadoras, tanto do premio único como dos tres accésit, quedarán en propiedade do Concello de Vigo, polo que o/a autor/a cederá exclusiva e irrevogablemente, o dereito de impresión ou reproducción, total ou parcialmente, en calquera modalidade, tamaño ou soporte, así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, polo que poderá realiza-las correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicas ou tamaños necesarios.

9.O Concello de Vigo resérvase o dereito de organizar exposicións públicas con todos ou parte dos carteis presentados ó concurso, en local, datas e horas que se determinarán. Neste suposto, os carteis deberán ser retirados polos propios autores ou persoas que os representen, no prazo de trinta días naturais seguintes ó da clausura da derradeira das exposicións. A selección das obras que se inclúan na exposición será realizada polo xurado do concurso.

10.A composición do xurado será a seguinte:

PRESIDENTE:O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, ou persoa na que delegue.

VOCAIS: Un membro da comisión organizadora do Entroido 2004.Dúas persoas que designará o Concello de Vigo, relacionados co mundo das artes, da imaxe, da comunicación...

SECRETARIO:Un técnico do Concello de Vigo, con voz e sen voto.

En caso de empate resolverá o voto de calidade da presidenta do xurado.

11.O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural queda facultada para resolve-las eventualidades que poidan xurdir, non previstas nestas bases.

12.A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases. A decisión do xurado é inapelable.