Escoitar

O Concello colaborará na Marcha Mundial de Mulleres

O Concello comprometeuse a colaborar na celebración da Marcha Mundial de Mulleres, que terá lugar en Vigo o vindeiro mes de maio. A alcaldesa, Corina Porro, e mailos concelleiros de Promoción Económica, Benestar Social e Tráfico, Lucía Molares, Ignacio López-Chaves e Antonio Coello, respectivamente, reunironse hoxe cunha representación do comité organizador deste evento e coñeceron o proxecto previsto.

venres, 16 xan 2004
1074262403automobil.jpg
Xuntanza da alcaldesa cos responsables do Salón do Automóbil
A concelleira de Promoción Económica, Lucía Molares, sinalou que o Concello ten previsto realizar un convenio coa Marcha Mundial de Mulleres e prestarlles colaboración no uso de instalacións deportivas ou pavillóns escolares para o aloxamento, así coma as instalacións da Casa da Muller.

Ademais, a concelleira sinalou a necesidade de coordinar a seguridade e o tráfico e de aproveitar o acontecemento dende o punto de vista turístico. "Queremos que as mulleres que cheguen a Vigo atopen un lugar agradable e que a marcha sexa un éxito", dixo.

Salón Automóbil

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, manifestou hoxe a disposición do Concello de Vigo a colaborar na nova edición do Salón do Automóbil, que vai celebrarse na cidade no vindeiro mes de maio. A alcaldesa, que mantivo un encontro cos responsables da empresa Eventos del Motor, organizadores do certame, comprometeuse a buscar os apoios necesarios, tanto do Concello coma doutras institucións, para que este salón continúe sendo un referente a nivel nacional no sector do automóbil.
Descargar todas as imaxes