Escoitar

Mocións aprobadas no pleno

O Pleno da Corporación aprobou as mocións presentadas polos grupos municipais DPG, BNG e PSdeG-PSOE, no transcurso da sesión celebrada esta mañá.

luns, 28 xuñ 2004
As mocións do Democracia Progresista Galega foron as relativas ao peaxes entre o Morrazo e Redondela con Vigo, dos aliviadoiros fronte da rúa Coruña e Alcabre, sobre a instauración da Área Metropolitana de Vigo, da zona deportiva na Miñoca na parcela para uso deportivo do polígono III do PERI II Florida B.

O grupo municipal do BNG presentou as mocións sobre as distintas actuacións a realizar no Arquivo Pacheco; a anulación do concurso de explotación hidroeléctrica do río Oitavén e realizar un estudio para asegurar o necesario caudal de 3.000 l/sg. a Vigo; a realización dun convenio con Augas de Galicia para iniciar a redacción urxente dun plan director de saneamento de Vigo; medidas a tomar no barrio do Calvario para evitar o seu deterioro; apoio ás iniciativas encamiñadas a favorecer o intercambio e a cooperación social e cultural entre Galicia e Portugal; comunicar á Xunta de Galicia a decisión deste Concello de xestionar por si mesmo un programa de televisión local con tecnoloxía dixital e o deslinde marítimo nos terreos da ETEA.

O grupo do PSdeG-PSOE elevou ao pleno as mocións sobre tramitación dos acordos de prórroga de calquera contrato; sobre os centros de saúde da cidade e concretamente o da parroquia de Bembrive; e do deterioro da atención sanitaria nos meses do verán.