mércores, 30 xuño 2004

A alcaldesa recibe ás mulleres iberoamericanas que participan no seminario xénero e diáspora

mércores, 30 xuñ 2004

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, recibiu hoxe a un grupo de mulleres de Brasil, México e Venezuela, profesionais de éxito nos seus respectivos países e familiares de emigrantes galegos. As mulleres, economistas, empresarias, sociólogas, profesoras universitarias, executivas, enxeñeiras ou diplomáticas, participan estos días en Santiago no seminario "Xénero e diáspora", organizado polo Servicio Galego de Igualdade e pola Consellería de Emigración.