Escoitar

Entrega de diplomas aos participantes do programa de deportes de maiores<br />

O concelleiro de Asuntos Sociais, Ignacio López Chaves, realizou a entrega de diplomas ás persoas que participaron no "Programa de Deporte de Maiores" , con motivo da finalización do presente curso no que participaron 458 persoas.

venres, 25 xuñ 2004
1088164664deporteterceiraidade.jpg
O programa desenvólvese dende hai 15 anos e está estructurado en dúas actividades. Por unha banda, impártense clases de educación física colectivas e por outra actividades físicas no medio acuático.

A actividades está dirixida a persoas maiores de 65 anos , sen límite de idade, que estean empadroadas en Vigo , que lles apeteza realizar actividades físicas controladas e sobre todo, que teñan ganas de pasalo ben. As clases lévanse a cabo nos pavillóns polideportivos de As Travesas e Teis, e nas piscinas de Lavadores, Teis e As Travesas.

O obxectivo principal do programa é retardar o deterioro funcional e incrementar a independencia na vida diaria que repercute na mellora dos ámbitos da conducta humana, social, afectiva, cognitiva e motor.
1088164664deporteterceiraidade.jpg
1088164681deporteterceiraidade1.jpg
Descargar todas as imaxes