Escoitar

O luns celebrarse pleno da Corporación Municipal

A Corporación Municipal reunese o luns en sesión plenaria, de carácter ordinario, a partir das nove da mañá, cunha orde do día de 19 asuntos, entre os que figura a aprobación inicial da ordenanza reguladora dos prezos públicos pola utilización do Verbum-Casa das Palabras- e a solicitude de declaración como Ben de Interese Cultural ao conxunto histórico do Casco Vello de Vigo.

venres, 28 mai 2004
1085742458pleno26.jpg
1.- Acta anterior. (Sesión 30.03.04)

PROMOCIÓN ECONÓMICA E DESENVOLVEMENTO LOCAL
2.- Proposta da Oficina da Muller ó Pleno da Corporación para que o Concello de Vigo manifeste a sú condea á violencia de xénero mediante a convocatoria dunha concentración.

3.- Aprobación da incorporación de pleno dereito ó Consello Municipal da Muller da "Comisión lesbianas do colectivo de gais e lesbianas de Vigo".

4.- Aprobación inicial do Proxecto de Regulamento orgánico da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións e do Valedor Cidadán.

XESTIÓN MUNICIPAL
5.- Aprobación inicial do Proxecto de Regulamento orgánico do Consello Social da Cidade de Vigo.

6.- Aprobación inicial da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos pola Utilización do Verbum.

SERVICIOS XERAIS
7.- Dar conta do acordo do Consello de Goberno da Universidade de Vigo sobre a denominación das rúas que circundan e atravesan o campus de Lagoas-Marcosende.

ASUNTOS SOCIAIS
8.- Dar conta do acordo da Xunta de Goberno Local de 12.04.04 sobre indemnización substitutiva do gasto de 870€ a favor de RP3.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
9.- Recurso de reposición contra Modificación puntual do PXOU na rúa Marqués de Alcedo

10.- Petición do Grupo político municipal Socialista de iniciar procedimentos de declaración de lesividade respecto dos seguintes acordos municipais relativos ó PEPRI III-02 "Finca do Conde": de data 16.04.1998, do Pleno do Concello, polo que se aprobou definitivamente o instrumento urbanístico; de data 19.02.1999, do Consello da Xerencia, polo que se aproba o Proxecto de Urbanización e de data 10.06.1999, do Presidente da Xerencia, polo que se aproba o Proxecto de Compensación.

11.- Solicitude de revisión de oficio do acordo do Pleno do Concello de data 05.07.1996, relativo á aprobación definitiva do Estudio de Detalle correspondente á UA V-02 "Vista Alegre", modificado mediante acordo de 13.12.1997.

12.- Solicitude declaración BIC Casco Vello de Vigo (Conxunto histórico). Ex. 8346/411)


MOCIÓNS
13.- Moción do Grupo Político Municipal de DPG referente ós investimentos da Administración do Estado no denominado "Plan Galicia".

14.- Moción do Grupo Político Municipal de DPG sobre o Porto de Vigo e os cítricos.

15.- Moción do Concelleiro, D. Amador Fernández Fernández, do Grupo Político Municipal do BNG, sobre a terceira fase do Paseo do Lagares.

16.- Moción da Concelleira, Dª Mª Xosé Méndez Piñeiro, do Grupo Político Municipal do BNG, sobre accesibilidade nos aparcadorios públicos.

17.- Moción da Concelleira, Dª Margarida Martíns Vilanova, do Grupo Político Municipal do BNG, referente a distintas actuacións a realizar no Arquivo Pacheco.

18.- Moción das Concelleiras, Dª Mª Xosé Méndez Piñeiro e Dª Olaia Fernández Davila, instando á Xunta de Galiza na dotación dunha ambulancia medicalizada e outra asistencial para a Área Sanitaria Sur da Provincia.

19.- Rogos e suxestións.
Descargar todas as imaxes