Escoitar

Comeza o ciclo de música "Xeración 2000+4"<br />

O Cuarteto de clarinetes DiBaseto será o encargado de dar o concerto de inauguración do festival de música Xeración 2000+4 que organiza a concellería de Cultura e que terá lugar o día 29 ás 20:30 horas no conservatorio de música de Vigo. O cuarteto está formado principalmente por profesores dos Conservatorios de Música de Vigo e nace coa inquietude dos seus compoñentes por dar a coñecer o repertorio de música orixinal para dita formación.

venres, 28 mai 2004
1085748810xeracion.jpg
Entre os obxectivos primordiais do cuarteto destaca a interpretación de pezas do século XX, así como a realización de encargos a diversos compositores de obras orixinais para esta agrupación.

A presentación de Cuarteto DiBaseto tivo lugar na inauguración do festival de música de Vigo Are More 2003, recibindo unha cálida acollida polo público e crítica.

Recibiron masterclass do Viena Clarinet Connection e ademais foron invitados pola Universidade de Vigo para realizar o concerto de clausura do ano 2003.

Recentemente foron seleccionados pola Comunidade Europea para participar no ciclo O son das fronteiras, para o que teñen previsto realizar concertos por toda a xeografía galega.

Programa

1º PARTE
Divertimento,Alfred Uhl
-Allegro
-Andante sostenuto, molto espress.
-Allegro con brio

Tríos divertissement,H.Tomasi
-Poursuites
-Mascarade (Petite Gitanes)
-Rondes

Variations on a Theme of Paganini, Kenneth A.Wilson

IIº PARTE

Histoire du Tango ,A Piazzolla
-Night Club 1960
-Concert dáujourd´hui
(arranxo : Bruce Edwards)

Misty for clarinet quartet, Erroll Garner
A Klezmer wedding,Mike Curtis
Danza Hungara nº5,J.Brahms
(arranxo: Asterio Leiva)
Descargar todas as imaxes