Escoitar

Alumnos de oito centros escolares de Vigo participan no "I día da ciencia na rúa"

A cidade de Vigo vivirá o sábado o seu particular "Día da Ciencia na Rua" organizado pola Asociación Amigos da Ciencias e patrocinado pola Diputación Provincial. Neste evento, alumnos de oito centros escolares de Vigo e arredores terán un protagonismo especial xa que desenvolverán experimentos, xogos e demostracións ante o público na rúa das Avenidas – Paseo do Náutico, en horario de 11 a 19 horas.

venres, 28 mai 2004
1085741440diaciencia.jpg
Participarán o IES de Teis, que realizará experiencias como a extracción de ADN ou a demostración do funcionamento do telégrafo; o Colexio San Juan Bosco, con xogos de lóxica e matemáticas; o IES Chapela, que entre outras cousas, amosará un barco de canicas; o IES Valadares, que fará actividades sobre o cambio climático ou a construcción dun motor eléctrico; o Colexio Maristas, que montará un motor dinámico ou dun panel solar; o Colexio María Auxiliadora, que executará poliedros regulares ou a construcción de modelos de moléculas; o Apóstol Santiago, que realizará fornos solares e reloxos de sol; e, finalmente o CEIP Pintor Laxeiro, con traballos de reciclado de papel ou sobre a cría de vermes de seda.

O "Día da Ciencia na Rúa" contará tamén coa participación da Asociación Galega de Apicultura, que ofrecerá a degustación de diferentes tipos de mel e un obradoiro de elaboración de velas; o Colexio Oficial de Farmacéuticos, que ofrecerá un audiovisual e instalará carteis sobre os medicamentos e as súas normas de utilización; o Aquarium Finisterre da Coruña, que ofrecerá actividades sobre as estrelas de mar; Vigozoo, que achegará ó público ó mundo do animais e outras agrupacións como os bombeiros, a Asociación Bonsai Vigo, Cruz Vermella, a Asociación Galega de Axedrecistas e a Irmandade de Doantes de Sangue.

Asemade ralizaranse actividades paralelas como o desfile de cabezudos, o lanzamento de globos de cores, a instalación dunha unidade de doazón de sangue, unha xornada de portas abertas en Naturnova, un curso de fotografía dixital, probas de triatlón científico e xogos diversos como carreiras de caracois, castels de naipes ou avións de papel.
1085741440diaciencia.jpg
1085741460diaciencia1.jpg
Descargar todas as imaxes