Escoitar

Xunta de Goberno Local

Unha vez remate o pleno convocada para o luns, día 31 de maio, celebrarase a reunión da Xunta de Goberno Local co seguinte orde do día:

venres, 28 mai 2004
1.- Actas da sesións ordinarias do 10 e do 18 de maio de 2004.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 84/2003 interposto por REAL CLUB NAUTICO DE VIGO en relación con liquidación do IBI do 2002. Estimado.

3.- Sentenza do TSXG no rec. de apelación nº 8695/2002 interposto pola AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO contra sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 sobre liquidacións IBI 1999. Desestimado.

4.- Sentenza do TSXG no rec. de apelación nº 8890/2002 interposto por TABUBESA S.L. contra sentenza do X. do Contencioso-Administrativo sobre devolución de ingresos indebidos por autoliquidación do Imposto de construccións, instalacións e obras (ICIO). Desestimado.

5.- Sentenza do TSXG no rec. de apelación nº 03/8166/2002 interposto por AUTORIDAD PORTUARIA DE VIGO contra sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo sobre notificacións relativas a inmobles en concepto de IBI. Desestimado.

6.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 261/2002 interposto por EXTRACO, CONSTRUCCIONES E PROXECTOS S.A. sobre liquidacións do ICIO e taxa de licenza de obras por reforma da Residencia Terceira Idade do Meixoeiro. Desestimado.

7.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. 189/2002 (220/02 e 160/03 acumulados) interposto pola AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO sobre liquidacións do IBI dos anos 2000, 2001 e 2002. Desestimados.

8.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 2/5059/00 interposto por D. MANUEL BOTANA CASTRO E OUTRO, sobre inadmisibilidade de reclamación indemnizatoria en concepto de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

9.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 28/2004 interposto por D. MANUEL BRANTUAS GRILLE en relación con providencia de constrinximento sobre recibo de Exaccións unificadas industriais. Desestimado.

10.- Auto do TSXG no r.c.a. nº 02/4714/02 interposto por UTE ELOYMAR-TRANVIAS contra acordo plenario de 25.03.02 que aproba o orzamento do ano 2002. Desestimento.

11.- Auto do TSXG no r.c.a. nº 02/4252/03 interposto por Dª MARINA ESTÉVEZ VÁZQUEZ en relación coa recuperación do local municipal no Mercado do Progreso. Inadmisible o recurso.

12.- Auto do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 56/04 interposto por D. CARLOS PIÑEIRO LORENZO en relación a liquidación do ICIO correspondente á licenza de obras do expte. 21982/421. Desestimento.

13.- Auto do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 314/03 interposto por Dª ESTRELLA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ en relación con sanción de tráfico, expte. 1030762963. Desestimento.

BENESTAR SOCIAL
14.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo departamento de Benestar Social durante os meses de marzo e abril de 2004.

DEPORTES
15.- Solicitude da Delegación Provincial de Pontevedra da federación Galega de Voleibol para realizar unha das probas do Campionato Galego de Volei Praia no Vao os días 12 e 13 de xuño. Expte. 4493/333.

16.- Solicitude do colexio Divino Salvador para realizar o Cross escolar Divino Salvador 2004 o día 13 de xuño. Expte. 4494/333.

EDUCACIÓN
17.- Cesión do uso da vivenda ó porteiro-vixiante do CEIP Frián-Teis. Expte. 5966/332.

EMPREGO
18.- Procedemento de selección do persoal docente necesario para accións formativas do Proxecto Alicerce. Expte. 2337/077.

19.- Bases reguladoras da convocatoria do ano 2004 do Programa de axudas municipas á creación de empresas, no marco do Plan municipal de Emprego 2004-2007. Expte. 2292/077.

20.- Bases reguladoras da convocatoria do ano 2004 do Programa de axudas municipais á contratación, no marco do Plan municipal de Emprego 2004-2007. Expte. 2293/077.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
21.- Solicitude de autorización para a celebración da Festa de S. Xoan de Freixo en Valadares os días do 26 ó 28 de xuño. Expte. 69642/210.

22.- Solicitude de autorización para a celebración da Festa de San Lorenzo en Coruxo os días do 10 ó 13 de agosto. Expte. 69440/210.

23.- Solicitude de autorización para a celebración da Festa de Sampaio en Lavadores os días do 25 ó 27 de xuño. Expte. 69654/210.

24.- Solicitude de autorización para a celebración da Festa do Sagrado Corazón de Jesús en Bembrive os días do 18 ó 20 de xuño. Expte. 69656/210.

25.- Solicitude de autorización para a celebración da Festa do Stmo. Cristo dos Aglixidos en Valadares os días 5 e 6 de xuño. Expte. 69605/210.

26.- Solicitude de autorizaicón para a celebración da III Feira Trianera de Vigo en Samil os días do 1 ó 7 de xuño. Expte. 69610/210.

27.- Solicitude de autorización para a celebración da Verbena popular do Calvario o día 5 de xuño. Expte. 69659/210.

28.- Solicitude de autorización do ACD Grupo de Empresas PSA Peugeot Citroën para a celebración da Festa do Socio no auditorio do Parque Quiñones de León o día 11 de setembro. Expte. 69554/210.

29.- Solicitude de autorización da Agrupación de Festa de Vigo para a celebración de diversas festas durante os meses de xuño a setembro. Expte. 69637/210.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
30.- Outorgamento de subvencións para o aluger do local social da Asociación de Veciós "A Nosa Terra" de Alcabre. Expte. 2104/320.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
31.- Proposta de aceptación da cesión da Comunidade Autónoma de Galicia do edificio Cambón. Expte. 16872/240.

32.- Recurso de reposición interposto pola entidade Turvigo Ferias e Congresos S.A. contra acordo da Xunta de Goberno Loal de 2.02.04. Desestimado. Expte. 15847/240.

PERSOAL
33.- Sentenza do Xulgado do Social nº 5 dos de Vigo, desestimatoria de demanda presentada por D. José Antonio Gómez Rodríguez sobre despido. Expte. 15073/220.

34.- Complemento de productividade do persoal do Parque Móbil correspondente ó mes de abril de 2004. Expte. 15062/220.

35.- Complemento de productividade do persoal de Desinfección correspondente ó mes de abril de 2004. Expte. 15063/220.

36.- Complemento de productividade do servizo de Cemiterios correspondente ó mes de abril de 2004. Expte. 15064/220.

37.- Gratificación por servizos espeicias e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ó mes de abril de 2004. Expte. 15065/220.

38.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ó mes de abril 2004. Expte. 15066/220.

39.- Contratación de profesores e monitores para o Plan de Formación do Persoal do Concello de Vigo. Expte. 15075/220.

40.- Concurso para cubrir vacantes de axudante técnico de electromecánicos e enxeñeiro técnico de obras públicas. Expte. 15076/220.

URBANISMO
41.- Recepción das obras de urbanización do Estudio de Detalle da rúa Pracer nº 27. Expte. 3711/411.

42.- Recepción parcial das obras de pavimentación nos camiños de Fonte e Pertegueiras, contempladas no Proxecto de urbanizaicón do PP "Finca Solita". Expte. 4370/401.

43.- Recurso de reposición de Riazón S.L. contra acordo do Consello da Xerencia sobre aprobación definitiva do Proxecto de urbanización de Redomeira. Expte. 4412/401.

44.- Recurso de reposición de Marina Fernández Comesaña contra acordo do Consello da Xerencia sobre aprobación definitiva do Proxecto de urbanización de Redomeira. Expte. 4411/401.

XESTIÓN MUNICIPAL
45.- Xustificantes de libramentos.

46.- Rogos e preguntas.