Aprobado o regulamento do Tribunal Económico-Administrativo do Concello
A Corporación municipal aprobou en sesión plenaria a aprobación definitiva do Regulamento Orgánico do Tribunal Económico-Administrativo municipal do Concello de Vigo.
O tribunal é o órgano especializado para o coñecemento e resolución das reclamacións económico-administrativas e queda adscrito á Concellería competente en materia de Facenda do Concello. A sede do mesmo situarase onde radique a dos órganos centrais do Concello, se ben por acordo plenario poderá fixarse a súa sede noutro lugar do termo municipal sempre que con tal decisión non se prexudique o acceso dos cidadáns ao mesmo.
Este Tribunal terá como competencias o coñecemento e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, liquidación, recadación e inspección de tributos e ingresos de dereito público, que sexan de competencia municipal; o dictame sobre os proxectos de ordenanzas fiscais, ase como a elaboración de estudos e propostas en materia tributaria no caso de ser requirido polos órganos municipais competentes nesta materia.
O tribunal estará constituído por tres membros, designados polo Pleno, co voto favorable da maioría absoluta dos membros que legalmente o integren.
O Pleno aprobou tamén unha moción da Alcaldía na que se propoña dar o nome de "Escritor Salvador García Bodaño-Zunzunegui" ao Centro Cívico de Teis.
Os demais asuntos que tratou o pleno, de carácter extraordinario e urxente, aprobáronse todos agás o relativo da subhasta ó alleamento do aproveitamento urbanístico municipal na parcela "Finca Solita" que se retirou para presentar unha nova proposta.